Falcón pequeno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 25:
Os exemplares europeos pasan o inverno na África meridional; os asiáticos no [[Paquistán]], norte da [[India]] e sur da China.
 
Reprodúcense en áreas de soutos, pequenos grupos de árbores ou nas beiras dos bosques. Prefiren zonas claras de [[pinopiñeiro]]s, máis raramente plantacións doutras coníferas, de árbores caducifolias ou árbores nas beiras dos ríos. Precisan de paisaxes abertas, amplas e variadas para cazar en boas condicións. Para criaren usan en xeral niños abandonados de [[corvo pequeno]] (''Corvus corone'') situados a moita altura e que lles ofrezan a posibilidade de botaren a voar sen obstáculos. En moitas zonas fan os niños nos postes das liñas eléctricas de alta tensión e en árbores illadas.
 
Durante o voo migratorio aparecen en todo tipo de paisaxes, sobre todo preto da auga, onde cazan [[libélula]]s e paxaros insectívoros.