Estómago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|center| +|centro|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 43:
A parede gástrica consta dunha serosa que recobre tres capas musculares (lonxitudinal, circular e oblicua, citadas desde a superficie cara á profundidade). A capa [[submucosa]] dá ancoraxe á mucosa, que consta de células que producen [[moco]], [[ácido clorhídrico]] e enzimas dixestivos.
 
O estómago ten uns sistemas de fixación nos dous extremos, que quedan unidos pola curvatura menor a través do omento (epiplón) menor. A nivel do cardias existe o ligamento gastrofrénico pola parte posterior, que o une ao [[Músculo diafragma|diafragma]].
 
Pola parte pilórica queda unido á cara inferior do fígado polo ligamento gastrohepático, parte do tumulto menor. Estes sistemas de fixación determinan as súas relacións con outros órganos abdominais. Non obstante, debido non só aos xiros do estómago, senón tamén ao desenvolvemento embrionario do fígado, as relacións do estómago establécense a través dun espazo que queda por detrás, a cavidade omental ou transcavidade dos epiplóns.