Hattusilis I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Engado: zh:哈图西里一世
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 21:
[[Ammurapi II]], rei de [[Iamkhad]] (Alepo), fillo de [[Yarim-Lim III]], enviou aos seus xenerais Zukraše e Zaludi con forzas para axudaren á defensa da cidade, pero serían derrotadas por Hattusilis nas montañas [[Adalur]] (clásico ''Amanus'') e cruzou o Éufrates (foi o primeiro rei hitita que o fixo) e destruíu Hasu, e volveu a Hattusa co botín, ofrecéndoo ao templo do deus das tormentas. Despois marchou contra [[Tawanaga]] e capturou ao seu rei e decapitouno; acto seguido destruíu [[Zippasna]] e ofreceu o botín á deusa de Arinna, e despois foi contra [[Hahhu]] ou Hakhkhu, que conquistou despois de tres combates aos arredores da cidade (outra vez o botín foi para a deusa de Arinna).
 
A crónica detense neste ano. Non se sabe cando foi sometido o reino de [[Arzawa]] (Anatolia occidental) feito testemuñado historicamente. Tamén foi sometida [[Wilusa]] ou Wiluša ([[Tróade]]). Arzawa era un reino formado polo menos por cinco reinos (Arzawa, [[Mira (reino)|Mira]], [[Hapalla]], Río [[Seha]], e [[Wilusa]]) ás veces confederados e outras non. Wilusa (Wiluša) foi a homérica [[Ilios]] ou Ilión, probabelmente a rexión da Tróade, pero sen incluír Troia, que debía de ser un estado separado (Troia en hitita = [[Taruisa]] ou Taruiša). A capital de Arzawa era [[Apasas]] (Apaša) probabelmente [[Éfeso]], e o reino era de poboación [[luvitas|luvita]].
Arzawa non tardou en recuperar a independencia, pero Wilusa permaneceu como aliada dos hititas como se testemuña polos agasallos enviados periodicamente desde Wilusa ao rei hitita.