Diferenzas entre revisións de «Mursilis III»

m
sen resumo de edición
m (r2.7.1) (Bot: Engado: zh:乌尔希泰舒普)
mSem resumo de edição
Segundo Hattusilis a situación durou sete anos, que el aguantou por respecto ao seu irmán (Muwatallis), pero cando Mursilis III intentou incorporar as cidades de [[Hakpis]] e [[Nerik]] ao reino hitita e quitarllas a Hattusilis, o que de feito equivalía a eliminar o reino, o vello Hattusilis reaccionou e sublevouse; encomendouse á súa deusa habitual, [[Sausga]] (o centro de culto principal ao norte era Samuha), e ao deus das tormentas de Nerik (culto restablecido e trasladado desde Hakpis) e comezou a guerra.
 
Sippa-ziti, fillo de Arma-Tarhunta (fillo de Zita, o irmán de [[Suppiluliumas I]]) o antigo rival de Hattusilis, foi nomeado comandante do exército do gran rei na [[Terra Alta Hitita]]. A guerra civil supuxo unha división do país, dentro do mesmo reino hitita en especial. [[Masturi]] rei de [[Seha]] foi aliado de Hattusilis, que tamén tivo a axuda de Ulmi-Tesup ([[Kurunta]]), medio irmán de Mursilis III e que fora criado por Hattusilis. [[Mira (reino)|Mira]] e [[Kuwaliya]], e [[Ahhiyawa]] serían aliados de Mursilis. Boa parte dos kaska apoiaron a Hattusilis. Mursilis III enviou a un home chamado Rime-Tesup ao oeste para buscar as máximas axudas, pero en xeral a parte occidental serviu de pouca axuda a Mursilis; [[Millawanda]] probabelmente ficou inactiva, e Ahhiyawa, ao non recibir a axuda das súas cidades, non puido dar axuda ningunha ao rei hitita.
 
Sippa-ziti tivo problemas; probabelmente quedou cercado en [[Hallawa]], e tivo que pedir a Mursilis que fose rescatalo; o rei enviou a un home chamado Anani-piya. Producíronse combates en [[Kusuriya]] e librouse unha batalla de carros na que participou o gobernador da rexión do río vermello que probabelmente cambiou de bando. Os feitos non se coñecen con claridade pero do relato de Hattusilis vese que Mursilis foi abandonado por algúns dos seus aliados e estivo en posición defensiva. Na parte final da guerra, Mursilis estaba en Marasantiya e tivo que fuxir de alí e foi cara a Samuha, onde Hattusilis o perseguiu. Uns traidores ofreceron matar a Mursilis, pero Hattusilis rexeitou a oferta e avanzou cara a Samuha, pero seguramente xa fora feito prisioneiro pola súa propia xente cando Hattusilis chegou, e foi entregado ao tío, que entón foi recoñecido como gran rei ([[Hattusilis III]])
19.932

edicións