Pertinax: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Durante os seus anos mozos estivo traballando como ensinante de [[gramática]]. Enrolouse no [[exército]], e grazas o patrón do seu pai, Loliano Alvito, [[Cónsul romano|cónsul]] no [[144]], foi nomeado [[centurión]]. Pronto amosou o seu grande valor nas [[guerras particas]] e foi trasladado a [[Britania]]. Dende alí o seu seguinte destino foi [[Mesia]], como ''praefectus alae'', onde estivo ao mando dunha das ás da [[cabalaría]]. Volveu trocar de destino, xa administrativo, en [[Alba Emilia]], como ''praefectus alimentorun'', cun novo cargo para a flota do [[Rhin]]. De alí marchou á [[Dacia]] como ''ducenarius'', ou sexa, supervisor das contas da [[provincia]], cargo que o levou a ser acusado falsamente de malversación dos fondos públicos. Foi cesado polo emperador dos seus cargos.
 
Retirado, foi chamado por [[T. Claudio Pompeiano]] para servir nas súas forzas como xefe da cabalaría. Pompeiano era o xenro do emperador [[Marco Aurelio]] no tempo en que os [[marcomanos]] irromperon en [[Aquileia]], onde Pertinax estaba destinado. Destacou na loita contra os marcomanos, polo cal foi recompensado polo emperador, que o introduciu no [[Senado]], xa que a súa honra estaba limpa ao se descubrir que a malversación fora unha trama para afastar un [[funcionario]] honrado e pouco dado aos subornos. Como a guerra continuaba, Pertinax foi nomeado legado da [[lexión romana|lexión]] I Adiutrix, para rexeitar os marcomanos de [[Raetia]] e [[Noricum]], acción que conseguiu facer brillantemente. [[Marco Aurelio]] nomeouno cónsul.