Diferenzas entre revisións de «A Mesa pola Normalización Lingüística»

m
 
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.<br />
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un carro chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluindoincluíndo o envío de postais cun carro debuxado á sede da empresa en [[Barcelona]] onde se solicitaba o troco do nome por [[Arousa]] A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da praca co nome.
 
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o [[Concello da Coruña]] polo nome da cidade. O entón alcalde [[Paco Vázquez]] levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio [[Carlos Callón]] lembroulle ao concello que ista liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a frente xudicial aínda que [[Carlos Callón]] está denunciado por [[Antonio Fraga Mandián]], xuíz decano da [[A Coruña|Coruña]], por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é [[A Coruña]] pero el seguiría a empregar ''La Coruña''. Este xuíz xa denunciara a outro veciño en 2008 por solicitar ao xulgado que lle remitise a documentación en galego.
1.480

edicións