Vitus Bering: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
En 1725 viaxou a [[Kamchatka]], desembarcando en [[Okhotsk]] e cruzando a península. Construíu entón o barco ''Sviatoi Gavriil'' (''San Gabriel'' en [[lingua rusa|ruso]]). Nel explorou o norte ata que deixou de avistar terra. Nos anos seguintes investigou o leste, redescubrindo as [[illas Diomede]] (en [[lingua rusa|ruso]] [[Illas Ratmanov]]) que [[Dezhnev]] xa describira. No verán de 1730 Bering volveu a [[San Petersburgo]]. No longo traxecto a través das estepas, enfermou. Cinco dos seus fillos que o acompañaban morreron na viaxe.
 
Bering volveu á rexión de Kamchatka en 1735. Coa axuda dos [[Artesanía|artesáns]] locais [[Makar Rogachev]] e [[Andrey Kozmin]] construíu dous navíos: ''Sviatoi Piotr'' (''San Pedro'') e ''Sviatoi Pavel'' (''San Paulo''), cos que partiu en 1740. Fundou a cidade de [[Petropavlovsk]] en Kamchatka, e desde aí, liderou unha expedición a [[Norteamérica]] en 1741. Unha tormenta separou os barcos e Bering acabou na costa sur de [[Alasca - Alaska|Alaska]], desembarcando cerca das [[illas Kayak]]. O segundo barco, capitaneado por [[Aleksei Chirikov]], desembarcou no [[Arquipélago Aleksander]]. Estas travesías son hoxe en día coñecidas como a [[Gran Expedición do Noreste]]
 
As duras condicións da rexión obrigaron a Bering a volver. No traxecto descubriu parte do arquipélago das [[Illas Aleutianas]], que chamou [[Illas Shumagin]] en honra dun mariñeiro do seu barco que morreu alí. Bering enfermou e tivo que refuxiarse nas [[Illas Kommander]] (''Komandorskiye Ostrova''), ó suroeste do [[mar de Bering]]. O 19 de decembro de 1741 Vitus Bering morreu de [[escorbuto]] na [[Illa de Bering]], xunto a 28 membros da súa tripulación.