Continuo dialectal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 18:
As [[lingua romance|linguas romances]] de [[Portugal]], [[España]], [[Francia]] e [[Italia]] foron propostas como exemplo de continuo xeolectal. Aínda que máis modernamente os dialectos intermedios que permiten construír a cadea lingüística tenden á desaparición. Con todo, para seguir a cadea de dialectos mutuamente intelixibles non serve calquera camiño. Entre Portugal e Francia, a cadea de dialectos ha de pasar necesariamente por [[Galicia]], o dominio lingüístico astur-leonés de sur a norte ([[lingua mirandesa|Mirandés]], [[lingua leonesa|Leonés]] e [[Bable]]s asturianos de oeste a este) e máis adiante polo [[Pireneo Aragonés]] e por [[Cataluña]].
 
As [[Inuktitut|linguas esquimós]] forman unha cadea dialectal ao longo do ártico [[Canadá|canadense]], na que cada variedade é altamente comprensible coas variedades próximas situadas en xeral ao leste e ao oeste, pero nas que variedades extremas como o [[Inuktitut|inupiatum]] de [[Alasca - Alaska|Alaska]] non é comprensible co [[Inuktitut|Nunatsiavummiutut]] do [[Terra Nova e Labrador|Norte de Labrador]], malia que existe intelixibilidade destas variedades con outras intermedias.
 
O [[lingua paiute meridional|paiute meridional]] abrangue un conxunto de dialectos que forman, en realidade, por un conxunto de dialectos da [[linguas uto-aztecas|familia utoazteca]] que forman un complexo dialectal.