Heliozoos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{entradución}} thumb|right|200px|Sección dun axópodo mostrando os microtúbulos. Os '''heliozoos''' ou '''''Heliozoa''''' (do grego ''h..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de xuño de 2012 ás 16:40

Os heliozoos ou Heliozoa (do grego helios, sol, e zoon, animal) son protistas ameboides fagótrofos, que formaban unha clase nas antigas clasificacións, pero que agora o seu nome se utiliza como un termo descritivo para protistas con determinado aspecto. Teñen forma aproximadamente esférica con numerosas proxecciones soportadas por microtúbulos chamadas axópodos que irradian cara a afora desde a superficie da célula. Estes danlles o aspecto característico en forma de sol a partir do cal recibiron o seu nome. As funcións destes axópodos son variadas: captura do alimento, percepción de sensacións e movemento. Os heliozoos son similares a Radiolaria, pero distínguense destes por careceren de cápsulas centrais e doutros elementos esqueléticos complexos, aínda que algúns producen escamas e espiñas simples. Encóntranse en augas doces e mariñas.

Sección dun axópodo mostrando os microtúbulos.

Orixinalmente, os heliozoos agrupáronse nunha clase formal denominada Heliozoa ou Heliozoea, pero os distintos ordes que a formaban presentan diferenzas moi salientables e agora considérase que non están relacionados entre si. Actualmente, heliozoo tómase como un termo descritivo que se aplica a varios grupos de protistas, que son os seguintes:

Varios nucleariida foron anteriormente considerados heliozoos aínda que non teñen axópodos sostidos por microtúbulos.

Ligazóns externas

  • Imaxe do heliozoo Actinosphaerium [1]