Centrohélidos: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
Só uns poucos xéneros carecen de cuberta celular, pero a maioría teñen unha cuberta xelatinosa con escamas e espiñas, producida en vesíxulas de deposición especiais. Estas poden ser orgánicas ou silíceas e poden ter varias formas e tamaños. Por exemplo, en ''[[Raphidiophrys]]'' a cuberta esténdese ao longo das bases dos axópodos, cubríndoos con espículas curvadas que lles dan o aspecto arbóreo de piñeiro, e en ''Raphidiocystis'' existen tanto espículas con forma de copa curtas coma espículas tubulares longas que son só un pouco máis curtas ca os axópodos. Algúns outros xéneros comúns son: ''[[Heterophrys]]'', ''[[Actinocystis]]'', e ''[[Oxnerella]]''.
Os axópodos dos centrohélidos están sostidos por [[microtúbulo]]s cunha disposición triangular-hexagonal, que surxe do seu gránulo tripartito chamado ''centroplasto'' situado no centro da célula. Axópodos cunha estrutura similar aparecen nos [[ximnosférido]]s, que foron tradicionalmente considerados centrohélidos (aínda que ás veces clasificados nunha orde separada).
==Clasificación==
|