Constelación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Idade Antiga
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 107:
Para a mesma época, [[Tycho Brahe]] elevou ao rango de constelación o asterismo de [[Coma Berenices]], a ''Cabeleira de Berenice'', creada de estrelas pertencentes anteriormente a Leo e Virgo.
 
En [[1643]], [[Anton de Rheita]], tratando de cristianizar un pouco o [[Panteón (mitoloxía)|panteón]] estelar, amplamente [[pagán]], imaxinou unha figura de ''Xesús'' entre Leo e Hydra, pero dita nova constelación non tivo boa acollida. O mesmo tamén propuxo unha ''Mosca'' ([[Musca Borealis]]) á beira de Aries, que máis tarde foi rebautizada como ''Flor de lis'' durante o reinado de [[Luís XIV]], o "Rei Sol". É entón cando nomear constelacións se converteu nun xogo de corte, co que os propoñentes pretendían lograr a graza da monarquía.
 
En [[Francia]], [[Augustin Royer]] identificou un grupo de estrelas entre Andrómeda, Cefeo e Pegaso, ao cal nomeou como o ''Cetro''. En [[Prusia]], o astrónomo real [[Gottfried Kirch]] creou un segundo ''Cetro'' ao sur de Eridanus, co fin de facer o propio polo seu monarca. Porén, ningún destes intentos de reivindicación real impúxose na comunidade, polo que os grupos nunca lograron o apoio que necesitaba para integrarse á lista de constelacións recoñecidas.