Focas, emperador: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ToloBot (conversa | contribucións)
m Corrixo as ligazóns cara a Narsés (xeneral bizantino)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
 
[[Ficheiro:RomaForoRomanoColonnaFoca2.JPG|miniatura|[[Columna de Focas]], o último monumento erixido no Foro de Roma.]]
No seu honor levantouse o último monumento erixido no [[Foro|Foro de Roma]]. Focas, que sempre tivo boas relacións co Papado, cedeu ao [[Bonifacio IV|Papa Bonifacio IV]] o [[Panteón (Roma)|Panteón]] para o seu uso como igrexa. En agradecemento, o Papa ordenou levantar no Foro a [[Columna de Focas]], que leva na base unha inscrición en honor do emperador. Esta columna mantense aínda en pé.
 
Durante o reinado de Focas as fronteiras tradicionais do Imperio comezaron a derrubarse. Os Balcáns, que sufriran durante anos as incursións de [[ávaro]]s e [[eslavo]]s, quedaron desgornecidos coa retirada do exército do Danubio que precedeu ao levantamento de Focas contra Mauricio, e os bárbaros fixeron máis frecuentes os seus ataques, chegando ata [[Atenas]]. O rei [[Imperio Sasánida|persa]] [[Cosroes II]], que debía o seu trono á axuda que o anterior emperador, [[Mauricio, emperador|Mauricio]], lle prestara nunha guerra civil, usou a morte do seu antigo aliado como pretexto para rachar co seu tratado de paz con Bizancio. Recibiu na súa corte a un individuo que pretendía ser o fillo de Mauricio, chamado Teodosio, e apoiou as súas pretensións ao trono imperial. Cosroes tirou proveito do caos que seguiu á usurpación de Focas: o xeneral bizantino [[Narsés (xeneral bizantino)|Narsés]] rexeitara recoñecer ao usurpador e levantouse en armas contra el. Cosroes estabeleceu unha alianza con Narsés; con todo, este último sería máis tarde atraído con enganos a Constantinopla e executado por orde do emperador. Privado do seu mellor xeneral, o exército bizantino foi derrotado repetidas veces nos anos seguintes.