Guterre Méndez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
Fillo de [[Hermenexildo Guterrez]] e [[Hermesinda Gatoniz]], e pai entre outros, de [[San Rosendo]], tivo importantes posesións no [[reino de Galicia]].
 
Era cuñado do rei de Galicia [[Ordoño II]] por terse casado este coa súa irmá a raíña [[Elvira Menéndez]]. Era tío do rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]] e dos tamén reis [[Afonso IV]] e [[Ramiro II de León|Ramiro II]]. Sancho Ordóñez casaría coa súa neta a raíña [[Goto]], e [[Ramiro II]] coa súa sobriña a raíña [[Adosinda Guterrez]]. Exerceu importantes poderes por delegación de Ordoño II e recibiu, entre outras encomendas, a de refundar co abade [[Franquila]] o [[mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil]].
 
Gutier Menendiz apoiou aos fillos de Ordoño II contra os descendentes de [[Froila]] conseguindo afastar a [[Afonso Froilaz]] e aupar a Sancho Ordóñez ao trono de Galicia mediante a coroación en [[Santiago de Compostela]] polo bispo Hermenexildo. Foi tamén un baluarte do Ramiro II o cal, ao pouco de ser coroado, reconfirma as doazóns a Gutier feitas por [[Afonso III o Magno]] e confirmadas polo rei de Galicia Sancho Ordóñez. Tratábase dos abondantes bens confiscados ao rebelde Vitiza.