Francisco Espoz y Mina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m demisión>dimisión
Liña 59:
A importancia crecente da insurrección [[Carlismo|carlista]] en [[Navarra]], as vitorias de [[Tomás de Zumalacárregui|Zumalacárregui]], as sucesivas derrotas dos xenerais enviados contra el, fixeron pensar no vencedor de [[Arlabón]] e [[Castellfullit]]. A orde de chamamento atopouno tomando as augas, aqueixado dun [[cancro]] de estómago. Sen alegar escusa ningunha, que o seu estado de saúde xustificaría, montou da cabalo, e de proscrito pasou a xeneral, para tomar o mando que se lle confiou.
 
Maliamente, puxéronlle todos os atrancos que puideron. Sospeitoso perante o goberno de entón, polas súas opinións liberais, nin obtivo a confianza precisa, nin os pertrechos que necesitaba. Llauder, o seu inimigo persoal, estaba á cabeza do ministerio da guerra. O seu mando foi reducido ao dun simple corpo do exército en [[Navarra]], el que fora pouco menos que vicerrei dese país. Enfrontado a Zumalacérregui foi derrotado nas batallas de [[Larrainzar]], [[Echarri]], [[Ardanaz]] e [[Olazagutía]]. Porén a doenza que sofría avanzaba: debeu deixar o mando para dirixirse a [[Montpellier]], no Sur de [[Francia]], e porse nas mans do seu amigo o doutor Lallemand. Consecuentemente apresentó a súa demisióndimisión o [[13 de abril]] de [[1835]].
 
Estaba aínda nesa cidade cando estalou a revolta das Xuntas en agosto de [[1835]]. As novas autoridades catalanas fixeron un chamamento a Mina, nomeándoo [[Capitan xeneral]] de [[Cataluña]]. Foi confirmado no mando polo goberno de [[Juan Álvarez Mendizábal|Mendizábal]]. Mina aceitou e presentouse en [[Barcelona]]. Retomou a antiga táctica do ano 23. A toma de [[Horta]], foi o evento capital da campaña, que lembrou a toma de Castellfullit. Verdadeiramente cruel e innecesario foi o fusilamento da nai do xeneral carlista [[Ramón Cabrera]]. Creou ademais no país unha ''Xunta de Defensa e Armamento'', á que cedeu unha parte da súa autoridade, rexeitando a administración dos fondos públicos.