A Mesa pola Normalización Lingüística (editar)
Revisión como estaba o 26 de xuño de 2012 ás 16:56
, hai 11 anossen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)) |
Sen resumo de edición |
||
A súa actividade desenvólvese no campo do ensino, banca, toponimia, galego exterior, comercio e empresa, administración, e toda a vida pública galega. O seu presidente actual é [[Carlos Callón]] e segundo datos da propia organización conta en 2008 con 3300 socios <ref>''Longalingua'' 16 (maio de 2008), páx. 5</ref>.
==Actividade==
A Mesa Pola Normalización Lingüística fai campañas de promoción do uso do galego e de concienciación con problemas concretos con institucións, organizacións ou persoas.<br />
A finais dos anos noventa SEAT sacou ao mercado un carro chamado SEAT Arosa. A Mesa fixo unha intensa campaña incluindo o envío de postais cun carro debuxado á sede da empresa en [[Barcelona]] onde se solicitaba o troco do nome por [[Arousa]] A campaña tivo boa acollida e SEAT ofreceu a quen o solicitase o troco da praca co nome.
Durante anos a Mesa tivo unha dura loita nos tribunais contra o [[Concello da Coruña]] polo nome da cidade. O entón alcalde [[Paco Vázquez]] levou a os tribunais o asunto onde foi rexeitada a postura do alcalde. O propio [[Carlos Callón]] lembroulle ao concello que ista liorta custáralle ao Concello da Coruña un millón de euros. A día de hoxe o asunto ten pechado a frente xudicial aínda que [[Carlos Callón]] está denunciado polo xuiz decano de [[A Coruña]] por telo acusado de prevaricar ao dicir nunha entrevista que era consciente de que o nome oficial e legal da cidade é [[A Coruña]] pero el seguiría a empregar ''La Coruña''.
== Notas ==
|