Andrade, Pontedeume: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
coordenadas
m →‎Historia: arranxiño
Liña 24:
Un dos primeiros [[Casa de Andrade|Andrade]], [[Pedro Bermúdez de Andrade]], aparece en dous documentos facendo doazóns ou vendas ao mosteiro de Caaveiro. No primeiro deles, de [[1204]], cede ao mosteiro a súa parte da ''ecclesia'' de San Martiño de Andrade. Noutro de [[13 de decembro]] de [[1223]] vende ao mosteiro as súas posesións, tanto herdades como persoas, no ''couto'' de Andrade.
 
O historiador [[César Vaamonde Lores]] demostrou documentalmente que a [[Casa de Andrade]], con anterioridade ao [[Castelo de Andrade|castelo]] que construiuconstruíu [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo]], en terras de [[Nogueirosa, Pontedeume|Nogueirosa]], xa posuía outro castelo que, segundo este historiador, achábase na [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] de San Martiño de Andrade, berce desta liñaxe.
 
[[Afonso X o Sabio]] asina en [[1270]] a Carta de Poboamento da vila de [[Pontedeume]]. Neste documento non se inclúe no alfoz de Pontedeume ao couto de Andrade, a pesar da súa proximidade á vila, por permanecer en posesión da Casa de Andrade.