Manuel García Prieto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desambig/
m demitir>dimitir
Liña 12:
Cando o 12 de novembro de 1912 asasinaron a [[Canalejas]], García Prieto ocuparía durante dous días a presidencia do Consello de Ministros. Ó se escindir o [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] en [[1913]], converteríase no líder do [[Partido Liberal Democrático]], a facción política herdeira de [[Sagasta]] que se opoñía a do [[Conde de Romanones]].
 
Foi designado presidente do [[Senado de España|Senado]] en 1914 e en [[1917]], como consecuencia da crise producida polas Xuntas de Defensa, formou un goberno do que moi en breve se vería obrigado a demitirdimitir. En xullo de 1917 acadou o liderado do Partido Liberal, e en novembro presidiu o primeiro goberno de concentración da monarquía alfonsina tras desencadearse a crise de outubro no goberno de [[Eduardo Dato]]. En maio de [[1918]] unha nova crise conduciría a [[Antonio Maura]] ó poder desempeñando García Prieto a carteira de Gobernación.
 
O 9 de novembro dese mesmo ano formou goberno de novo ata decembro, cando o [[Proxecto da Mancomunidade]] fixo caer o gabinete. Tras o [[desastre de Annual]], aínda dirixiu en 1922 o último goberno constitucional da monarquía. Tentou sen éxito deter o golpe de [[Miguel Primo de Rivera|Primo de Rivera]] do 13 de setembro de [[1923]] pero viuse obrigado a dimitir.