Diferenzas entre revisións de «Pobos do Mar»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m
Parece que se trata dun conxunto amplo e variado de poboacións que se fixeron ao mar buscando novas terras (migracións) ou simplemente intentando sobrevivir (a través da pirataría, as migracións continuas e mesmo a conquista de pequenas cabezas de ponte). As razóns polas que se foron ao mar deben buscarse nun proceso non demasiado longo que vai a partir da guerra de [[Troia]] á destrución da cultura micénica. Os [[aqueos]] gañaron a guerra contra o seu rival económico, pero a súa forza quedou minguada e, mentres as poboacións da esfera de influencia troiana da [[Anatolia]] occidental e a [[Paflagonia]] empezaron a migrar, eles sucumbiron a novas ondadas migratorias provenientes do norte. [[Grecia]] foi asolada e só [[Atenas]] conseguiu sobrevivir.
 
Ao mesmo tempo, toda [[Asia Menor]] foi arrasada: [[Ugarit]], [[Tarso]], [[Hattusa]]. Todas sucumbiron aos que ían chegando, os [[hititas]] foron destruídos e mesmo [[Exipto]] sobreviviu a duras penas. Isto debeuse en parte a poboacións como os [[dorios]] e, en parte, aos propios pobos do mar. Como se dixo a miúdo o máis probábel é que fosen os restos das poboacións que fuxían das guerras e os invasores ou, simplemente, da pobreza. Eran todos ou fixéronse, pobos mariñeiros e navegaron polo [[Mediterráneo]] de leste a oeste e para o Norte, fundando cidades e reinos, aliándose con outros pobos ou sendo por eles absorbidos. Entre os Pobos do Mar máis coñecidos historicamente atópanse os [[Peleset]], que finalmente se asentaron na franxa[[Faixa de [[Gaza]] e deron o nome a [[Palestina]].
 
==Etnias==
19.713

edicións