Guerra de Croacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m →‎Movementos electorais e constitucionais: Bosnia e Hercegovina - Босна и Херцеговина
Liña 31:
En agosto de 1990 celebrouse un referéndum non oficial nas rexións croatas cunha substancial poboación serbia, que serían posteriormente coñecidas como a [[República Serbia de Krajina]] (RSK), situada na fronteira con [[Bosnia-Herzegovina]], sobre a cuestión da autonomía e soberanía serbias en Croacia.
{{VT|Historia dos eslavos do sur#Croacia e Eslavonia: As Fronteiras Militares}}
[[Ficheiro:Krajina.png|miniatura|250px|En vermello, [[República Serbia de Krajina]], en [[Croacia]].<br /><small>Á esquerda, na fonteira con [[Bosnia e Hercegovina - Босна и Херцеговина|Bosnia]]; á dereita, na [[Eslavonia|Eslavonia oriental]]. Nótese a coincidencia coas antigas ''Fronteiras Militares'' de Croacia.]]</small>
 
Isto fíxose para tratar de contrarrestar os cambios na Constitución. O Goberno croata tratou de bloquear o referendo enviando forzas policiais ás comisarías de policía rebeldes nas zonas serbias para confiscar as súas armas. Entre outros incidentes, civís serbios do sur de Croacia, a maioría en torno á cidade de [[Knin]], bloquearon as estradas de acceso aos destinos turísticos da costa de [[Dalmacia]]. Anos despois, durante o xuízo a [[Milan Martić]], [[Milan Babić]] afirmaría que foi enganado por Martić para organizar a revolta, e que esta —así como a guerra en Croacia en si mesma— foi responsabilidade de Martić, dentro dun plan orquestrado por Belgrado.<ref>[http://www.iwpr.net/?p=tri&s=f&o=259675&apc_state=henftri259753 IWPR news report: Martic "Provoked" Croatian Conflict]</ref> O Goberno croata respondeu ao bloqueo das estradas mediante o envío de corpos policiais especiais transportados por helicópteros, pero estes foron interceptados por avións de combate do Exército Iugoslavo e obrigados a regresaren a [[Zagreb]].