Segunda guerra balcánica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Liña 164:
[[Ficheiro:GuerrasBalcánicasLondresYBucarest.svg|miniatura|300px|Cambios territoriais tras as Guerras balcánicas: Tratado de Bucarest (1913).]]
Os tratados de [[Tratado de Bucarest (1913)|Bucarest]] e de [[Tratado de Constantinopla (1913)|Constantinopla]] repartiron o territorios gañados polos diferentes belixerantes. Bulgaria perdeu a maior parte dos territorios que conquistara na [[Primeira guerra balcánica]] dos cales a [[Dobruxa|Dobruxa do Sur]] cedeuna a [[Romanía]], a maior parte de [[Macedonia]] e a Tracia oriental volveu ao Imperio otomán. O apoio ruso lle permitiu conservar a Tracia occidental e o porto de Alexandropolis no mar Exeo. Bulgaria engrandecera o seu territorio un 16 % en relación coa situación antes da guerra e a súa poboación pasara de 4,3 a 4,7 millóns de habitantes. Romanía engrandeceuse un 5 %, pero a un prezo elevado: 6.000 mortos e, sobre todo, a devolución de Bulgaria que se considerou "''unha puñalada nas costas''", e sería a partir de entón hostil a Romanía (os dous países foran amigos desde principios do [[século XIX]], os principados romaneses serviran de base aos ''komitadjis'' e Romanía combatera na guerra ruso-turca de 1877-1878 contra os otománs). A máis grande expansión correspondeu a Montenegro (62 %)
,<ref name="Ref-5">{{cita web|url=http://www.turkeyswar.com/prelude/balkanwars3.htm |título=Turkey in the First World War - Balkan Wars |publicación=Turkeyswar.com |data= |dataacceso=25/12/2011}} {{en}}</ref> Grecia medrou un 68 %, e o seu número de habitantes pasou de 2,7 a 4,4 millóns. Pero a máis beneficiada destas guerras foi Serbia, que dobrou a superficie do seu territorio e aumentou a súa poboación de 2,9 a 4,5 millóns de habitantes.<ref>Grenville, John (2001): ''The major international treaties of the twentieth century'', páx. 50. London: Taylor & Francis ISBN 978-0-415-14125-3</ref> Grecia foi forzada a retirar as súas tropas de Tracia occidental e de Macedonia occidental. A retirada destes territorios devoltos a Bulgaria e a parte do [[Epiro]] do Norte, cedido a Albania foron moi mal aceptados en Grecia. Dos territorios ocupados durante a segunda guerra, Grecia non conservou máis que a rexión de Serres e de Kavala, co apoio de Alemaña. Serbia fixo adquisicións suplementarias en Macedonia e completou as súas aspiracións territoriais ao sur, polo que puido entón volverse cara ao norte, onde a rivalidade con [[Austria-Hungría]] a propósito de [[Bosnia (rexión)|Bosnia]] constituiría un dos elementos que desencadearon a [[Primeira Guerra Mundial]]. Italia explotou o pretexto da guerra parar conservar a illas do [[Dodecaneso]] que ocupara na [[Guerra ítalo-turca]] de 1911.
 
Como consecuencia das accións de Austria-Hungría e da insistencia deste imperio e de Italia, [[Albania]] obtivo a súa independencia nos termos do [[Tratado de Londres (1913)|Tratado de Londres]]. Os dous países esperaban controlar este novo estado e por tanto o [[Canal de Otranto]] no [[mar Adriático]]. O [[Tratado de Florencia (1913)|Tratado de Florencia]] ({{data|17|12|1913}}) estableceu as fronteiras definitivas de Albania. Serbia perdeu a súa saída ao mar Adriático e os gregos debían ceder o norte de Epiro, o que foi moi mal aceptado pola poboación grega da rexión, que se rebelou e obivo a autonomía ([[República Autónoma de Epiro do Norte]]) como consecuencia do [[Protocolo de Corfú]].<ref>Stickney, Edith Pierpont (1926): ''Southern Albania or Northern Epirus in European International Affairs, 1912–1923''. Stanford University Press. ISBN 978-0-8047-6171-0 </ref>