Florete: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m →‎Regras: Tronco (anatomía)
Liña 18:
A variedade de florete difire das outras dúas (o [[sabre (esgrima)|sabre]] e a [[espada (esgrima)|espada]]) nalgunhas regras e particularidades derivadas da forma e dos usos da arma.
 
A zona de tocado en florete limítase ao [[Tronco (anatomía)|tronco]], é dicir, que non se pode puntuar contra a cabeza, as pernas ou os brazos. Os tocados nestas zonas provocan a detención do combate, pero sen que suba ningún punto ao marcador. Porén, si que se pode tocar nas costas, aproveitando un movemento lateral do contrario, e provocando unha flexión na folla do florete. A ese movemento chámaselle ''flick''.
 
Tanto en florete como en sabre está prohibido agochar un [[albo]] válido cun que non o é, é dicir, non se pode meter o brazo ou a man desarmada diante do corpo, para evitar a puntuación do contrario.