Diplomacia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
m →‎Historia: Idade Antiga
Liña 52:
== Historia ==
[[Ficheiro:CongressVienna.jpg|miniatura|250px|''O [[Congreso de Viena]]'' por [[Jean-Baptiste Isabey]], 1819.]]
A facultade de practicar a diplomacia é un dos elementos definidores do Estado, razón pola cal aquela foi exercida desde a formación das primeiras [[cidade-estado|cidades-Estado]], fai milenios. Na [[Idade Antiga|Antigüidade]] e na [[Idade Media]], os diplomáticos eran case sempre enviados só para negociacións específicas, retornando coa súa conclusión. A historia rexistra como primeiros axentes diplomáticos permanentes os apocrisiários, representantes do [[Papa]] e doutros patriarcas [[catolicismo|católicos]] ante o [[Imperio bizantino]]. Tamén exercían as súas funcións de modo permanente os ''procuratores in Romanam Curiam'', representantes dos soberanos europeos xunto ao Papa en [[Roma]]. Con estas dúas institucións (apocrisiários e ''procuratores'') xurdiron os primeiros conceptos do que viría ser a diplomacia moderna, como as instrucións, as credenciais e as inmunidades.
 
A orixe da diplomacia moderna pode ser atopada nos Estados da [[Italia]] Setentrional, no comezo do [[Renacemento]], co establecemento das primeiras Misións diplomáticas no [[século XIII]]. A primeira Misión diplomática permanente foi establecida por [[Milán]] en [[1446]] xunto ao goberno de [[Florencia - Firenze|Florencia]]. No norte de Italia xurdiron algunhas das tradicións da diplomacia, como a presentación de credenciais dos embaixadores estranxeiros ao [[Xefe de Estado]].