San Diego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 31:
En [[1769]], [[Gaspar de Portolá]] e a súa expedición fundaron un [[presidio]], e o domingo [[16 de xullo]], os frades [[franciscano]]s [[Frei Junípero Serra]], Juan Vizcaíno e Fernando Parrón alzaron e bendixeron unha cruz, establecendo así a primeira misión na Alta California, a [[Misión de San Diego de Alcalá]]. Os colonos empezaron a chegar no ano [[1774]], pero os indios nativos da zona rebeláronse ao ano seguinte. Mataron ao misioneiro e a outras dúas persoas, e queimaron a misión. [[Frei Junípero Serra]] organizou a reconstrución, e dous anos despois, empezouse a construír un edificio de [[adobe (construción)|adobe]]. Para o [[1797]] a misión era a maior de [[California]], con máis de 1400 indios encomendados. O asentamento foi gañando en prosperidade salvo incidentes menores como o envelenamento de [[José Pedro Panto|Frei Pedro Panto]] en 1812 por parte do seu cociñeiro indio Nazario.
 
En [[1821]] España recoñeceu a independencia de [[México]] e o territorio pasou a control mexicano. O gobernador de California (que incluía o actual estado de California e a [[península de Baixa California]] trasladou o seu capital desde [[Monterrey, México|Monterrey]] a San Diego. En [[1834]] a misión foi secularizada e 432 persoas fixeron unha petición ao gobernador José Figueroa para formar unha cidade, petición que foi aprobada polo comandante Santiago Argüello. O primeiro alcalde elixido foi Juan María Osuna, gañándolle a [[Pío Pico]] nas 13 papeletas entregadas. Con todo, a poboación da cidade diminuíu ata o nivel dun pouco máis de 100 persoas, e para o final dos [[anos 1830]] perdeu o seu status de cidade ata que a provincia da [[Alta California]] converteuse en estado estadounidense en [[1848]] tras ser arrebatada a [[México]] como consecuencia da Guerra Mexicano-Estadounidense. O pobo foi designado sede do novo Condado de San Diego, e volveu incorporarse como cidade.
 
En [[1885]], San Diego foi finalmente conectado ao resto de Estados Unidos por [[ferrocarril]]. A significativa presenza da armada estadounidense empezou en [[1907]] co establecemento dunha base naval para o aprovisionamento de carbón dos buques. Paulatinamente o número de bases empezou a multiplicarse debido ás necesidades das forzas navais.