Walter Benjamin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Radio (medio de comunicación)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 20:
O seu incipiente odio ó conformismo recibiu un pulo considerable nos dous anos que pasou no internado Haubinda. en [[Thüringen]]. Esta institución estaba dirixida por [[Gustav Wyneken]], o creador dunha pedagoxía reformista baseada na igualdade de mestres e alumnos, e ó redor da cal xiraba a actividade organizativa e creadora (coa publicación de artigos na revista ''Der Anfang'' ("O Comezo")).
 
Benjamin preparou o exame de acceso á universidade na escola Kaiser-Friedrich. Tras superalo con éxito en [[1912]], comezou os seus estudos de Filosofía, Filoloxía Xermánica e Historia da Arte na universidade[[Universidade de [[Friburgo]],Freiburg enim [[Breisgau]], que proseguiu logo en Berlín. Na Universidade continuou coa creación de círculos para o espallamento do ideario do movemento da mocidade, e foi aquí onde trabou coñecemento co poeta [[Christoph Friedrich Heinle]]. Benjamin distanciouse do movemento debido á súa crecente politización e ó suicidio de Heinle, o [[8 de agosto]] de [[1914]], que o afecta profundamente e no que interpreta unha imposibilidade de cumprir en vida o ideario da mocidade. En [[1915]], Benjamin rompeu definitivamente co movemento tras un discurso apoloxético da guerra de Wyneken.
 
Neste mesmo ano, o filósofo coñeceu ó daquela estudante de Matemáticas [[Gershom Scholem]], cinco anos máis novo ca el, que o introduciu nas cuestións xudaicas e co que mantivo unha amizade ata a súa morte.