Galerio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17:
Mentres isto ocorria, Constancio estaba ocupado nunha campaña contra os [[pictos]] en Britania. Pero morre en [[Iork|Eboracum]] (Iork) no [[306]]. Seu fillo [[Constantino I o Grande|Constantino]] vai cara a [[Britania]], onde é elixido Augustus polas lexions.
 
Galerio atópase de súpeto cun grave problema. Tenta resolvelo invadindo Italia para rematar con [[Maxencio]] e [[Maximiano]], pero é rexeitado e vai cara a [[Panonia]]. [[Diocleciano]], dende o seu retiro tenta de arbitrar a situación, pero non ten moito éxito. No ano [[308]], xúntanse en Carnotum (Panonia) para arranxar a crise. [[Constantino I o Grande|Constantino]] é degradado a César, [[Maxencio]] é posto fóra da lei coma inimigo publico, [[Licinio]] é nomeado Augustus para reconquistar Italia e o Norte de África, mentres que en Oriente as cousas seguen igual que antes. Pero eran feridas que se pechaban en falso, xa que a elección de [[Licinio]] coma '''augustus''' sen pasar polo cargo de César non foi ben aceptada nin por [[Constantino]] nin por [[Maximiano]], quen pouco despois tentaba de loitar contra o seu xenro con pouca sorte, xa que foi obrigado a se suicidar.
 
No ano [[311]], Galerio morre de morte natural. Pouco antes de morrer fai público un edicto de tolerancia para os cristiáns, emitido en [[Serdica]], permitindo a reconstrucións das igrexas e o culto. Tal troco na súa actitude crese que foi debido á terrible enfermidade (posiblemente [[cancro]]) que o levou a pedir axuda ao Deus dos cristiáns.