Maxencio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 3:
'''Marcus Aurelius Valerius Maxentius''' (c. [[278]] — [[28 de outubro]] de [[312]]) foi un [[emperador romano]].
 
Maxencio era fillo do emperador [[Maximiano]] e a súa esposa [[siria]] [[Eutropia]]. Cando no [[305]] o seu pai e mais [[Diocleciano]] abdicaron do trono imperial, os dous césares nomeados foron os que se acolleron a púrpura imperial. Todo o mundo consideraba que os novos nomeamentos de césares tiñan que recaer en Maxencio ou [[Constantino I o Grande]], pero [[Galerio]], emperador de oriente e deica esa intre césar oriental, considerou que ocupaba o mesmo lugar que Diocleciano, polo que nomeou el mesmo os dous césares novos, que recaeron en [[Flavio Severo]] para occidente e [[Maximino Daia]] para oriente.
 
Maxencio en toda a súa xuventude, ao parecer non ocupara ningún cargo público, nin político nin militar, polo que non o consideraban preparado para ser nomeado césar. Pero, pouco antes, no [[293]], cando se completou a [[tetrarquía]] por [[Diocleciano]], e para unir os lazos en común, os césares nomeados casaron coas fillas dos augustus. Así [[Galerio]] casou con [[Valeria]], filla de [[Diocleciano]] e [[Teodora]], filla e irmá de '''Maxencio''', casou con [[Constancio I Cloro]]. Neste reparto de ligazóns, a '''Maxencio''' tocoulle casar con [[Valeria Maximila]], filla de [[Galerio]], polo que se coidaba que Maxencio sería o vindeiro césar, despois das abdicacións dos dous emperadores, cousa que non ocorreu o [[1 de maio]] de [[305]]. Maxencio no seu matrimonio tivo dous fillos, o primeiro [[Valerio Rómulo]] e o segundo de nome descoñecido para nós.
Liña 9:
==Ascensión ao trono==
 
O nomeamento de [[Galerio]] foi mal aceptado, xa que tanto [[Constancio I Cloro]] como [[Maximiano]] esperaban o nomeamento para os seus respectivos fillos. Pero, a morte de Constancio Cloro en Britania no [[306]], deu aberta a crise, xa que as tropas de Constancio nomearon augustus o seu fillo, [[Constantino I o Grande]]. [[Galerio]] nomeou augustus tamén a [[Flavio Severo]] e recoñeceu a Constantino como césar.
 
Maxencio residía nas aforas de Roma. Pronto chegaron á cidade os rumores dos novos nomeamentos e da intención de lle retirar a Roma as tropas, xa que Constantino I estaba en [[Tréveris]], Flavio Severo en [[Milán]]. Algúns oficiais [[pretoriano]]s foron falar con Maxencio para lle ofrecer a púrpura imperial, xa que Constantino o grande fora recoñecido coma cesar o ser fillo dun emperador, o mesmo podía ocorrerlle a el por parte do emperador decano, que era Galerio. Foi aclamado en público a finais do 306, sendo recoñecido polas provincias centrais de Italia, Córsega, Sardeña, Sicilia e o norte de África.
 
Nun primeiro intre, '''Maxencio''' non tomou o título de augustus, senón de [[Princeps Invictus]], para facilitar o recoñecemento. Pero [[Galerio]] non o fixo, xa que podía ser un exemplo negativo para que calquera puidese declararse emperador. Ademais, as tropas coas que contaba eran poucas e [[Constantino I o Grande|Constantino]] e [[Flavio Severo]] tiñan mellor exército. Con este argumento, ordenou a [[Flavio Severo]] a toma de Roma e a eliminación do problema de Maxencio. Este encamiñouse cara a cidade eterna, pero '''Maxencio''' foise a enfrontar coas antigas tropas do seu pai. Este acudiu en axuda do seu fillo, e as tropas pasáronse ao carón de '''Maxencio''', quen distribuíu grande cantidade de cartos entre elas. [[Flavio Severo]] veuse na obriga de voltar e escapar cara a [[Ravenna]], onde [[Maximiano]] o convenceu de que abdicase co perdón da súa vida. Maxencio, o quedar baldeiro o trono, proclamouse augustus, e ademais conquistou as terras baixo o control de Flavio Severo.
 
==Augustus==
 
Pero esta proclamación e a morte de [[Flavio Severo]] na primavera do [[307]] en [[Tres Tabernas]] (as circunstancias da súa morte non están clarexadas), fixeron que [[Galerio]] formase un exército e invadise Italia. Pero durante as negociacións, Maxencio e mais [[Maximiano]] prometeron unha grande cantidade de cartos aos soldados, que acabaron pasándose ao outro bando, tendo [[Galerio]] que dar volta. Ademais, [[Maximiano]] para acadar apoios, foi a [[Tréveris]], na [[Galia]], para casar a súa filla [[Fausta]] con [[Constantino I o Grande]], que se ben non se puxo a seu favor, tampouco se illou de [[Galerio]]. No [[308]], [[Maximiano]] tentou poñer as tropas a seu favor, para separar o seu fillo do trono, pero estas recoñeceron ao seu fillo, polo que se viu forzado a saír de Roma e refuxiarse en casa de Constantino o grande e mais a súa filla.
 
No mesmo 308, e convocada por [[Diocleciano]], celébrase unha conferencia, onde se acordou degradar a [[Constantino I o Grande]] como césar, a [[Galerio]] como augustus de oriente, a [[Licinio]] nomeóuselle augustus de occidente sen ter pasado polo posto de césar, coa tarefa de acabar con Maxencio, que fora posto fora da lei como inimigo publico. [[Maximiano]] voltou de novo a ser Senior Augustus (emperador retirado).
 
Nos derradeiros días do [[308]], en [[Cartago]] foi nomeado emperador [[L. Domitius Alexander]], pechando a chegada de gran, dunha importancia capital para Roma. Estalou unha sublevación que rematou con mais de 6000 mortos. Maxencio veuse na obriga de enviar un exército ao norte de África que, baixo as ordes do prefecto do pretorio [[Rufius Volusianus]], derrotou e matou a Alexander, traendo unha gran cantidade de gran para Roma. [[Licinio]], mentres tanto conquistara a provincia de [[Istria]], pero tivo que deixar a campaña pola grave enfermidade de [[Galerio]], que acabaría coa súa vida no [[311]]