Garda Pretoriana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Praetorian GuardSoldiers basrelief med.jpg|250px|dereita|miniatura|A Garda Pretoriana nun relevo romano do século II.]]
 
A '''Garda Pretoriana''' era a garda persoal do [[emperador]]. Tamén eran consideradas as tropas de elite da [[Lexión romana|lexión]]. A Garda Pretoriana permaneceu durante máis de tres séculos até a súa disolución por parte de [[Constantino I o Grande|Constantino]], despois da súa vitoria na [[batalla da Ponte Milvio]] contra o emperador [[Maxencio]], no ano [[312]] d.C.
 
== Orixes ==
Liña 9:
A unidade constaba de nove cohortes perfectamente numeradas, duns 480 homes, unidas a un continxente de xinetes (''cohortes equitatae''). Por razóns políticas, o emperador [[Augusto]] creouna só con este número concreto de cohortes, xa que non quería recordar os recentes escuros anos das guerras civís e de violacións do ''pomerium'' (ningunha [[Lexión romana|lexión]] podía entrar dentro de [[Roma]]).
 
Posiblemente foi grazas a [[Claudio]] (a Garda ascendeuno ao poder), que no século I d.C. as cohortes aumentaron até doce. [[Vitelio]], levando a cabo unha ampla reforma, as elevou a dezaseis cohortes duns 1.000 homes cada unha. Logo da súa derrota por parte de [[Vespasiano]], este reduciu o número de cohortes ao número da época de [[Augusto]]. Por último, [[Domiciano]] aumentou as cohortes a dez, permanecendo esta cantidade até a disolución por parte de [[Constantino I o Grande|Constantino]].
 
== Escalafón ==
Liña 30:
O prefecto que comezou a descubrir o potencial do cargo foi [[Sexano]] (prefecto de [[Tiberio]]), que chegou ao punto de facer unha revolución palacega que se non faiase, colocaríase ao cargo Imperio.
 
Durante o [[século II]] d.C., a influencia dos prefectos aparece algo máis atenuada, favorecida polo clima de estabilidade institucional que presidiu a vida política do Imperio. A finais deste século a influencia política e todos os niveis en xeral dos prefectos se incrementaron exponencialmente. Ata o punto de que un prefecto podería chegar a ser emperador ([[Macrino]] ou [[Filipo o Árabe]]) ou actuar como auténticos rexentes de emperadores demasiado novos ou débiles ([[Timesiteo]] ou [[Gordiano III]]). A súa dignidade chegou a ser tal que [[Constantino I o Grande|Constantino]], que disolveu as cohortes pretorianas, dubidou en manter a institución, iso si, sen atribucións militares.
 
Estes prefectos participaban activamente en decisións políticas determinantes para o desenvolvemento da vida institucional do Imperio: algúns acompañaban ao emperador ao senado, outros influían nos nomeamentos dos maxistrados, xenerais ou gobernadores da provincia...