Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 73:
Nese intre de eclipse para a causa peloponesa, Esparta atopou un home excepcional na persoa do xeneral [[Brásidas]], que dirixiu todos os seus esforzos a subtraer Tracia e os territorios do norte do bando ateniense. Conseguiuno e Atenas pediu unha tregua dun ano. Brásidas non deixou de forzar máis defeccións da causa da Confederación e, pasado o ano, atenienses e espartanos enfrontáronse en Anfípolis, onde pereceron tanto Cleón como Brásidas, e Atenas foi derrotada.
 
A desaparecer estes dous personaxes, tanto en Atenas como Esparta, fixéronse co poder os partidarios da paz: Nicias e Pleistoanacte. No ano 421 a. C. asinouse o que se coñece como paz de Nicias, por cincuenta anos, onde ningún dos dous bandos se recoñecía como vencedor. Mais Atenas foi a grande beneficiada, xa que recuperou todos os territorios que formaban a Confederación, agás Anfípolis, que era a chave do dominio da Tracia, encanto que os seus inimigos estaban divididos, ao rexeitaren [[Corinto]] e os outros aliados de [[Esparta]] asinar a paz. A cidade de [[Argos, Grecia|Argos]] creou a súa propia [[Liga Argólica|Liga]] fronte á [[Liga do Peloponeso]].
 
Tanto en Atenas como en Esparta non tardaron en formarse faccións contrarias ao tratado de paz. Foi o ateniense Alcibíades quen se dedicou incansablemente a socavar o poder espartano por toda a Grecia e no mesmo Peloponeso, e forzou a ruptura con motivo dun conflito menor. Axis, rei dos espartanos, ofreceu unha nova tregua, pero un exército confederado penetrou deica o corazón do Peloponeso e tomou Texea, na Arcadia, non lonxe de Esparta. O enfrontamento era inevitábel e o propio Axis logrou unha resoante vitoria en Mantinea. En Atenas, foron moitas as voces contrarias a Alcibíades pero ao cabo foi o artífice do xiro da política ateniense e do novo rumbo que tomou a guerra.
Liña 79:
== A segunda parte da guerra ==
 
A creación da liga de Argos supuxo a disgregación da Liga do Peloponeso. Os atenienses, baixo a influencia de [[Alcibíades]], aliáronse coa [[Élide]], [[Mantinea]] e [[Argos, Grecia|Argos]], en conflito con [[Esparta]]. Os aliados atacaron [[Epidauro]] e avanzaron sobre [[Texea]], e [[Esparta]] mobilizouse contra eles.
 
A [[batalla de Mantinea]] ([[-418]]) foi unha grande vitoria para [[Esparta]]. Argos abandonou a alianza ateniense e ficou outra vez illada.