McDonnell Douglas F-4 Phantom II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
 
O F-4 foi usado extensamente durante a [[Guerra do Vietnam]], sendo o principal caza de superioridade aérea da Mariña e da Forza Aérea estadounidense, ademais de ser un importante avión de ataque ao chan e recoñecemento nas últimas etapas da guerra. O Phantom ten a distinción de ser o derradeiro caza dos [[Estados Unidos]] que conseguíu a categoría de as no [[século XX]]. Durante a Guerra do Vietnam a USAF tivo un piloto e dous operadores de armas que conseguiron derrubar cinco cazas inimigos, e a USAF tivo un piloto e un oficial de rádar que tamén o conseguiron, converténdose en ases no combate aéreo. O F-4 continuou sendo o principal caza estadounidense durante os anos 70 e 80, sendo aos poucos reemprazado por avións máis modernos como o [[McDonnell Douglas F-15 Eagle|F-15 Eagle]] e o [[General Dynamics F-16 Fighting Falcon|F-16 Fighting Falcon]] na Forza Aérea; o [[Grumman F-14 Tomcat]] e o [[McDonnell Douglas F/A-18 Hornet|F/A-18 Hornet]] na Mariña; e o F/A-18 no Corpo de Marines.
 
O F-4 Phantom II continuou en servizo nos Estados Unidos como avión de recoñecemento e "Wild Weasel" (supresión das defensas aéreas inimigas) na [[Guerra do Golfo]] de [[1991]], sendo finalmente retirado en [[1996]].
 
== Historia ==
O F-4 Phantom II foi concebido como un interceptador de longo radio de acción para a Mariña dos Estados Unidos, pero tamén con capacidade de proporcionar apoio en accións de ataque a terra, á Infantería de Mariña. Inicialmente o F-4 foi desenvolvido por iniciativa de McDonnell Aircraft en [[1953]], coa intención de ofrecer un cazabombardeiro todo-tempo, despois de perder un concurso convocado pola Mariña.
 
Ese ano McDonnell Aircraft comezou a traballar na revisión do seu caza naval [[McDonnell F3H Demon|F3H Demon]], buscando ampliar as súas capacidade e mellorar as súas características. A compañía desenvolveu varios proxectos, incluído unha variante equipada cun motor Wright J67, e outras con dous Wright J65 ou dous General Electric J79. A versión impulsada polos J79 prometía unha velocidade de Mach 1.97. O [[19 de setembro]] dese ano, McDonnell propúxolle á Mariña dos Estados Unidos o "Super Demon". Excepcionalmente, o avión debía ser modular; cun ou dous asentoss para distintas misións, con diferentes conos no morro para levar rádar, cámaras fotográficas, catro canóns de 20 mm, ou 56 foguetes non guiados FFAR ademais de nove puntos de anclaxe para armas baixo a fuselaxe e as ás. A mariña estivo suficientemente interesada como para ordearordenar unha maqueta en tamaño real do F3H-G/H, pero sentiu que os próximos [[Grumman F-11 Tiger|Grumman XF9F-9]] e [[Vought F-8 Crusader|Vought XF8U-1]] tamén poderían satisfacer a necesidade dun caza supersónico.
 
O deseño de McDonnell foi polo tanto revisado para convertelo nun cazabombardeiro todo-tempo con 11 soportes externos, e o [[18 de outubro]] de [[1954]] a compañía recibíu unha carta pedindo dous prototipos do YAH-1. O [[26 de maio]] de [[1955]] catro oficiais da Mariña chagaron ás oficinas de McDonnell offices e, despois dunha hora, presentáronlle á compañía un novo conxunto de requisitos. Debido a que a Mariña aínda tiña o [[Douglas A-4 Skyhawk]] para ataque a terra e o [[Vought F-8 Crusader|F-8 Crusader]] como caza, o proxecto agora tiña que cumplir coa necesidade dun interceptador para a frota todo-tempo. Un segundo tripulante foi engadido para operar o potente rádar.
 
=== Prototipo XF4H-1 ===
 
[[Categoría:Aeronaves de McDonnell Douglas]]