McDonnell Douglas F-4 Phantom II: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
 
O Phantom é un caza que pode acadar unha velocidade de [[Mach]] 2,2 e pode cargar 8.400 kg de armas en nove soportes externos, incluídos mísiles aire-aire e aire-terra e varios tipos de bombas. O F-4, ao igual que outros interceptadores da súa época, foi deseñado sen un canón interno, pero os últimos modelos incorporaron un canón rotatorio M61 Vulcan. A comezos de [[1959]] bateu 15 récodrs mundiais de comportamente en voo, incluídos un récord de velocidade absoluta e outro de altitude absoluta.
 
O F-4 foi usado extensamente durante a [[Guerra do Vietnam]], sendo o principal caza de superioridade aérea da Mariña e da Forza Aérea estadounidense, ademais de ser un importante avión de ataque ao chan e recoñecemento nas últimas etapas da guerra. O Phantom ten a distinción de ser o derradeiro caza dos [[Estados Unidos]] que conseguíu a categoría de as no [[século XX]]. Durante a Guerra do Vietnam a USAF tivo un piloto e dous operadores de armas que conseguiron derrubar cinco cazas inimigos, e a USAF tivo un piloto e un oficial de rádar que tamén o conseguiron, converténdose en ases no combate aéreo. O F-4 continuou sendo o principal caza estadounidense durante os anos 70 e 80, sendo aos poucos reemprazado por avións máis modernos como o [[McDonnell Douglas F-15 Eagle|F-15 Eagle]] e o [[General Dynamics F-16 Fighting Falcon|F-16 Fighting Falcon]] na Forza Aérea; o [[Grumman F-14 Tomcat]] e o [[McDonnell Douglas F/A-18 Hornet|F/A-18 Hornet]] na Mariña; e o F/A-18 no Corpo de Marines.
 
== Historia ==
O F-4 Phantom II foi concebido como un interceptador de longo radio de acción para a Mariña dos Estados Unidos, pero tamén con capacidade de proporcionar apoio en accións de ataque a terra, á Infantería de Mariña. Inicialmente o F-4 foi desenvolvido por iniciativa de McDonnell Aircraft en [[1953]], coa intención de ofrecer un cazabombardeiro todo-tempo, despois de perder un concurso convocado pola Mariña.
 
Ese ano McDonnell Aircraft comezou a traballar na revisión do seu caza naval [[McDonnell F3H Demon|F3H Demon]], buscando ampliar as súas capacidade e mellorar as súas características. A compañía desenvolveu varios proxectos, incluído unha variante equipada cun motor Wright J67, e outras con dous Wright J65 ou dous General Electric J79. A versión impulsada polos J79 prometía unha velocidade de Mach 1.97. O [[19 de setembro]] dese ano, McDonnell propúxolle á Mariña dos Estados Unidos o "Super Demon". Excepcionalmente, o avión debía ser modular; cun ou dous asentoss para distintas misións, con diferentes conos no morro para levar rádar, cámaras fotográficas, catro canóns de 20 mm, ou 56 foguetes non guiados FFAR ademais de nove puntos de anclaxe para armas baixo a fuselaxe e as ás. A mariña estivo suficientemente interesada como para ordear unha maqueta en tamaño real do F3H-G/H, pero sentiu que os próximos [[Grumman F-11 Tiger|Grumman XF9F-9]] e [[Vought F-8 Crusader|Vought XF8U-1]] tamén poderían satisfacer a necesidade dun caza supersónico.
 
[[Categoría:Aeronaves de McDonnell Douglas]]