Akhenatón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
m →‎Sucesores: Ankhkheprure Semenkhkare
Liña 101:
== Sucesores ==
A súa morte non foi lamentada pola antiga clase dirixente.
A sucesión de Akhenatón foi problemática, téndose moi pouca información da mesma, o que indicaría unha etapa de caos político. O seu inmediato sucesor foi [[Anjjeperura-SemenejkaraSemenkhkare|Ankhkheprure Semenkhkare]], posiblemente a raíña Nefertiti, que cambiara o seu nome polo de Anjjeperura-Nefertiti, e accedera á correxencia poucos anos antes da morte do rei. Parece ser que ao falecer el, volveu cambiar a Anjjeperura-Semenejkara e durante un ano, como máximo, viuse por fin convertida en raíña-faraón.
 
Logo da súa morte, a coroa pasou ao novo rei [[Tutankhatón]], ao parecer único fillo home de Akhenatón e unha esposa secundaria, Kiya, e casado con Anjesenpatón, a terceira filla de Akhenatón e [[Nefertiti]]. Tería uns dez anos, polo que os funcionarios maquinaron para anular todas as reformas anteriores, de tal forma que aos catro ou cinco anos de reinado xa cambiaran os seus nomes por Tutanjamón e Anjesenamón: de adoradores de Atón a seguidores do deus Amón. A corte regresou a [[Tebas, Exipto|Tebas]], rehabilitaron os templos de [[Karnak]], restableceuse o culto aos vellos deuses para conseguir o apoio da caste sacerdotal e trataron de canalizar a complexa política exterior, todo iso vixiado de cerca por [[Ay]], o seu avó e sucesor.