Stock Aitken Waterman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Stock Aitken Waterman''' foron un importante trío británico de productores de música [[pop]] e [[dance]] de mediados dos anos oitenta ata principios dos noventa formado por [[Mike Stock]], [[Matt Aitken]] e [[Pete Waterman]]. Nos paises de fala inglesa tamén son coñecidos polo acrónimo '''SAW'''. De entre a gran lista de artistas producidos por eles podemos salientar como exemplo a [[Kylie Minogue]], [[Bananarama]], [[Rick Astley]], [[Samantha Fox]] e [[Jason Donovan]].
 
Aparecidos a finais do 1984 foron un dos equipos de producción máis prolíficos e de meirande repercusión no panorama comercial da década dos oitenta. Agrupados baixo a compañía ''Pete Waterman Limited'' ([[PWL]]) abandeiraron ó longo dun importante período de tempo o estilo nomeado [[Hi–NRG]] (léxase ''high energy''), adoptando elementos do [[synth–pop]] e do [[dance]] electrónico ata converxeren nun son totalmente propio e doado de recoñecer. Na súa época máis tardía fíxose notoria a influenza do [[house]] e do [[eurobeat]] nas súas composicións, aínda que sen caeren plenamente neles e sen perde–la súa propia base.