Heterocontófitas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 41:
As algas heterocontas considéranse en moitas clasificacións como [[cromistas]] con [[cloroplasto]]s rodeados de catro membranas (as cales numéranse desde a máis externa, que sería a "primeira"). A primeira membrana continúase co [[retículo endoplasmático]] da célula hóspede. A segunda membrana presenta unha barreira entre o lume do retículo endoplasmático e o endosimbionte primario ou [[cloroplasto]], que presenta as dúas membranas máis internas, no interior das cales están os [[tilacoide]]s. Esta disposición das membranas suxire que os cloroplastos das heterocontas foron adquiridos pola dexeneración dunha [[rhodophyceae|alga vermella]] endosimbiótica eucariota, que xurdira por diverxencia evolutiva a partir dun antepasado endosimbiótico primario monofilético que se cre que deu lugar a todos os [[fotoautótrofo]]s eucarióticos. Os cloroplastos conteñen [[clorofila]]s ''a'' e ''c'', e xeralmente o [[pigmento]] accesorio [[fucoxantina]], que lles dá unha cor castaña dourada ou verde acastañada.
 
A maioría das heterocontas son incoloras. Isto suxire que diverxiron antes da adquisición dos cloroplastos no grupo. Porén, os cloroplastos que conteñen fucoxantina tamén se encontran entre as [[haptófitas]]. Estes dous grupos poden ter un devanceiro común, e posiblemente tamén unha historia [[filoxenia|filoxenética]] común coas [[criptófitas]]s (ou criptomónadas). Isto pode interpretarse como que a heteroconta ancestral era unha alga, e todos os grupos incoloros orixináronse pola perda do endosimbionte secundario e o seu cloroplasto.
 
== Células móbiles ==