Heterocontófitas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 58:
Porén, neste esquema as Chrysophyceae son [[parafilético|parafilética]]s dos dous grupos. Como resultado disto, varios membros foron clasificados nas súas propias [[clase (bioloxía)|clases]] e mesmo divisións. Os sistemas de clasificación recentes adoitan tratar estes tres grupos como clases dunha soa división, chamada Heterokontophyta, Chromophyta, ou Ochrophyta. Pero non hai un acordo universal: Round ''et al.'', por exemplo, trataron as diatomeas como unha división.
 
O descubrimento de que os [[oomiceto]]s e os [[hifoquitridio]]s están relacionados con estas algas, en vez de cos fungos como se pensaba antes, fixo que moitos autores incluísen estes dous grupos entre as heterocontas. ShouldSe itresultase turnque outevolucionaron thata theypartir evolvedde fromantepasados colored ancestorspigmentados, theo heterokontgrupo groupdas wouldheterocontas besería paraphyletic[[parafilético]] inna theirsúa absenceausencia. Porén, unha vez máis, o uso varía. [[David J. Patterson]] denominou este grupo ampliado como ''stramenopiles'', que se caracterizaba pola presenza de mastigonemas tripartitos, [[mitocondria]]s con cristas tubulares, e [[mitose]] aberta. Utilizou o termo coa fin da clasificación, pero sen darlle un rango taxonómico linneano. A composición do grupo foi esencialmente estable, pero o seu uso nos sistemas con categorías taxonómicas varía.
 
[[Thomas Cavalier-Smith]] trata as heterocontas como idénticas a ''stramenopiles'' en composición; e esta é a definición seguida neste artigo. Cavalier-Smith propuxo situalas no reino [[Chromalveolata]], xunto coas [[haptófitas]], [[criptófitas]] e [[alveolados]]. Esta é unha das varias revisións dos reinos dos eucariotas, pero non foi adoptada de forma xeral, en parte porque algúns biólogos dubidan do seu carácter [[monofilético]]. Uns poucos tratan os Chromalveolata como idénticos en composición ás heterocontas, ou colócanas no reino Stramenopila.