Diferenzas entre revisións de «Lizarra»

m
r2.7.3) (Bot: Engado: eo:Estella; cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m (r2.7.3) (Bot: Engado: eo:Estella; cambios estética)
'''Estella''' ou '''Lizarra''' é unha [[cidade]], municipio da zona media da [[Comunidade Foral de Navarra]] ([[España]]), cabeceira do [[meiriñado de Estella]] e da chamada comarca de "Terra Estella" ou ''Lizarrerria'', situada a metade de camiño entre as cidades capitais de [[Pamplona]] e de [[Logroño]], en [[A Rioxa]], nunha zona de unión entre a Montaña e a Ribera Alta de Navarra.
 
== Etimoloxía ==
O seu nome oficial é '''Estella-Lizarra'''. Antigamente o poboado recibía o nome de Lizarra, ata a creación da cidade en [[1076]]. Na colección diplomática de Irache son frecuentes en documentos do século XI as referencias a este poboado denominado, segundo os casos, Leizarrara, Lizarrara, Liçarrara, Lizarara, Liçarra e Lizarra. O topónimo, inequivocamente en lingua vasca, nalgunhas ocasións interpretouse como ''ilizar'', "cidade antiga", e tamén como ''elizar'', "igrexa antiga"; con todo parece ter maior solvencia a etimoloxía ''lizar'', "freixo" en éuscaro, relacionada coa posible abundancia desta árbore na paraxe.
 
Outra das posibles orixes do nome, relacionado tamén coa propia fundación da cidade polo Rei de Navarra [[Sancho Ramírez]], como punto de atención ao peregrino ao seu paso polo [[camiño de Santiago]] navarro, é o [[Lingua latina|latín]] ''stella'' (estrela). Hai varias referencias á denominación L'izarra, traída por habitantes de orixe franca, e que poden dar orixe a este nome. De feito, a presenza dunha estrela de oito puntas nos monumentos da cidade remóntase ao seu estadio fundacional, punto que parece testemuñar esta etimoloxía. A estrela permaneceu ata a actualidade como símbolo distintivo da cidade
 
== Xeografía ==
Situada a 421 metros de altitude, rodeada por montañas: [[Montejurra]], [[Peñaguda]], [[Cruz de los Castillos]], [[Santa Bárbara, monte|Santa Bárbara]] e [[Belástegui]] e tan oculta entre elas para quen se achega que, segundo o devandito, "non se ve Estella ata chegar a ela". Este cerco de montañas que a rodea suaviza o seu clima, abrigándoa do vento.
 
[[ImaxeFicheiro:Estella rio Ega.jpg|miniatura|300px|dereita|Río Ega ao seu paso por Estella]]Cruzada polo [[río Ega]], afluente do [[río Ebro]], aséntase nun gran meandro do mesmo, que proporciona auga para as leiras e zonas axardinadas, entre as que destaca o chamado paseo de "Os Chairos".
 
Dispón de boas comunicacións por estrada con:
* [[Pamplona]] e [[Logroño]] pola A-12 (Autovía do Camiño)
* [[Zaragoza]] (incorporación á A-15 en [[Tafalla]])
* [[gasteiz|Vitoria-Gasteiz]] (NA-132-A)
* [[Donostia-San Sebastián]] (A-15 desde [[Pamplona]])
 
=== Localidades limítrofes ===
Estella limita cos seguintes termos municipais: ao oeste con [[Ayegui]] e [[Allín]]; ao norte con Allín, a facería 21 de Navarra e o [[Val de Yerri]]; ao leste co Val de Yerri e [[Villatuerta]]; e ao sur con [[Aberin]].
 
|}
 
== Monumentos ==
[[Ficheiro:Lizarra - Palau dels reis de Navarrra.JPG|250px|miniatura|Pazo dos Reis de Navarra]]
* Igrexa de San Pedro da Rúa.
* Igrexa de San Miguel.
* Igrexa do Santo Sepulcro.
* Basílica de Nosa Señora do Puy.
* Convento de Santa Clara.
* Igrexa parroquial de San Xoán.
* Castelo de Zalatambor.
* Pazo dos Reis de Navarra.
* Pazo de Xustiza.
 
== Ligazóns externas ==
{{commons|Estella/Lizarra|Estella}}
* [http://www.estella-lizarra.com/ Páxina oficial do concello de Estella/Lizarra]
 
[[Categoría:Cidades de Navarra]]
[[de:Estella]]
[[en:Estella-Lizarra]]
[[eo:Estella]]
[[es:Estella]]
[[eu:Lizarra]]
75.997

edicións