Glaucófitas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 27:
 
==Características==
Os [[cloroplasto]]s das glaucófitas coñécense co nome de ''cianelas''. A diferenza dos [[plasto]]s doutros organismos, teñen unha capa de [[peptidoglicano]], que se cre é un resto das [[cianobacteria]]s que deron orixe aos plastos por [[endosimbiose]] orixe aos plastos. <ref name="keeling" /> As Glaucophyta conteñen o [[pigmento]] [[fotosíntese|fotosintético]] [[clorofila a]].<ref name="keeling" /> Xunto coas algas vermellas <ref name="keeling" /> e as cianobacterias, captan a luz por medio de [[ficobilisoma]]s, estruturas que constan principalmente de [[ficobiliproteína]]s. As algas verdes e as plantas terrestres carecen dese pigmento.
 
As glaucófitas teñen [[mitocondria]]s con crestas planas, e presentan [[mitose]] aberta sen [[centríolo]]s. As formas móbiles teñen dous [[flaxelo]]s desiguais, que poden ter finos peliños e están ancorados por un sistema de múltiples capas de [[microtúbulo]]s, e ambas as estruturas son similares a outras atopadas nalgunhas algas verdes.