Alcano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 85:
 
== Abundancia ==
=== Abundancia dos alcanos no puticlub (UNIVERSO) ===
[[Ficheiro:Jupiter.jpg|miniatura|O metano e o etano constitúen unha parte importante na composición da atmosfera de Xúpiter]]
Os alcanos son unha parte importante da [[atmosfera]] dos planetas gasosos exteriores, como [[Xúpiter(planeta)|Xúpiter]] (0,1% metano, 0,0002% etano), [[Saturno (planeta)|Saturno]] (0,2% metano, 0,0005% etano), [[Urano (planeta)|Urano]] (1,99% metano, 0,00025% etano) e [[Neptuno (planeta)|Neptuno]] (1,5% metano, 1,5ppm etano). [[Titán (lúa)|Titán]], un satélite de Saturno, foi estudado pola [[sonda espacial]] ''Huygens'', o que indicou que a atmosfera de Titán chove metano líquido á superficie da lúa.<ref>http://www.planetary.org/news/2005/huygens_science-results_0121.html </ref> Tamén se observou en Titán un volcán que arroxaba metano, e crese que este vulcanismo é unha fonte significativa de metano na atmosfera. Tamén parece ser que hai lagos de metano/etano preto ás rexións polares nórdicas de Titán, como o descubriu o sistema de imaxes por radar da sonda Cassini. Tamén se detectou [[metano]] e [[etano]] na cola do [[cometa Hyakutake]]. A análise química mostrou que a abundancia do etano e o metano son aproximadamente iguais, o que se cre que implica que os xeos formados no espazo interestelar, lonxe do sol, poderían haberse evaporado en forma desigual debido á distinta volatilidade destas moléculas. Tamén se detectou alcanos en [[meteorito]]s tales como as [[condrita]]s carbonáceas.