Grau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Modifico: ar:غرادو، أستورياس; cambios estética
Liña 1:
'''Grado''' ('''Grau''' en [[lingua asturiana|asturiano]], ambas as denominacións son oficiais, documentándose tamén a forma ''Grao''<ref>[http://mas.lne.es/toponimia/index.php?leer=104&palabra=grau Toponimia asturiana]</ref>) é un [[concello]] da [[Comunidade Autónoma]] do [[Principado de Asturias]]. Limita ao norte con [[Candamo]] e [[Las Regueras]], ao leste con [[Proaza]], [[Santo Adriano]] e [[Oviedo]], ao sur con [[Teverga]] e [[Yernes y Tameza]] e ao oeste con [[Belmonte de Miranda]] e [[Salas (Asturias)|Salas]].
 
== Historia ==
=== Prehistoria e romanización ===
Os restos máis antigos do concello datan da [[Idade de Bronce]]. Da [[Idade de Ferro]] quedan algúns poucos restos, como algúns [[Castro (fortificación)|recintos castrexos]] que en realidade non son máis que simples peñascos fortificados.
 
Do seu [[romanización|época romana]], a pesar da abundancia de restos en concellos próximos, apenas hai testemuño. Isto é, en parte ,debido a que a distribución actual da poboación é moi distinta da de entón.
 
=== Idade Media ===
 
Si temos, en cambio, restos do seu poder [[feudal]] como son as torres fortificadas de Villanueva, [[Báscones]] e a torre de [[Coalla]]. É na [[Alta Idade Media]] cando nos chega unha gran cantidade de documentación. O que é evidente é que naquela época o que entendemos por Grao non constituía unha unidade, xa que o que hoxe se coñece como Grao se repartía entre tres territorios moi diferenciados: Pramaro, [[Salcedo (Grao)|Salcedo]] e Bayo ou Grao.
[[ImaxeFicheiro:Ayuntamientograo.PNG|miniatura|Concello de Grado]]
 
 
Liña 18:
No [[século XIV]], Grao non puido quedar fóra da influencia dos grandes señoríos debido a que entrou a formar parte das terras do conde Afonso, bastardo de [[Enrique II de Castela]]. Un século despois pasou á familia Quiñones. Non conseguirá a súa autonomía ata finais do [[século XV]], aínda que o concello seguiu baixo o control, que exerceu o poder de forma unilateral ata o século XVIII, a pesar da forte oposición veciñal.
 
=== Idade Moderna ===
 
No [[século XVI]], coa desamortización eclesiástica de [[Felipe II de España]], algunhas xurisdicións señoriales cambiaron de mans. Así, o coto de [[Peñaflor (Grao)|Peñaflor]] foi redimido polos seus habitantes e o coto de Priañes pasou mediante compraa a casa de Dasmarinas, como moitos máis que foron cambiando de mans.
Liña 24:
Foi no [[século XVIII]] cando as xentes de Grao ofreceron ao rei unha cantidade a cambio de que puidesen elixir os seus cargos concelleiros, xa que habían estado acaparados por unhas poucas familias durante séculos. Será a Audiencia de Oviedo a que fallará en contra do monopolio destas familias en [[1774]] e a Cancillería confirmarao en [[1783]]. Pero aínda así, seguirán existindo numerosos cotos nesta zona, que quedan fóra da xurisdición ordinaria e son competencia directa dun señor. Nesta época subsisten aínda os seguintes cotos: o coto de [[La Mata (Grao)|La Mata]], o coto de [[Peñaflor]], o coto de San Juan de [[Villapañada]], o coto de [[Cabruñana]], etc.
 
=== Século XIX en diante ===
 
No [[século XIX]]sucederon acontecementos importantes. A [[guerra da Independencia Española|guerra da Independencia]] presentou no concello un especial protagonismo. Creouse un rexemento con mozos do lugar que levaba o nome do concello e que foi enviado a loitar lonxe do seu territorio. A vila foi invadida por catro veces e isto tivo fatais consecuencias no seu patrimonio artístico. As principais loitas do [[Principado de Asturias|Principado]] tiveron lugar no desfiladeiro de [[Peñaflor]], lugar que tamén tivo importancia durante as [[guerras carlistas]].
Liña 35:
A partir da metade do [[século XX]], Grao especializouse nunha gandería de tipo lácteo co abandono das súas zonas agrícolas e cunha escasa industrialización.
 
== Demografía ==
Este concello tiña a principios do século XX, unha poboación de 17.125 habitantes, dando xa no seu censo de [[1996]] unha poboación de 12.047, dez anos despois en [[2006]] o seu censo foi de 10.997 habitantes. Esta perda non foi durante todo o século, se non que foi a partir de 1.950 cando empezou a perder poboación. Este [[éxodo rural|éxodo]] coincide co que houbo en toda Asturias da poboación rural, pero cunha diferenza, aquí, aínda que a súa poboación trasládase ás cidades do centro asturiano, tamén se dirixe á propia capital do concello. Isto en números dános que as zonas rurais perden un 61% da súa poboación, pero que o seu capital increméntase nun 74%.
 
Liña 48:
== Notas ==
{{referencias}}
 
[[Categoría:Concellos de Asturias]]
 
[[ar:جرادوغرادو، (إسبانيا)أستورياس]]
[[ast:Grau]]
[[ca:Grado]]