Carlos Varela Veiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
moveu "Carlos Varela Veiga" a "Carlos Varela" sobre unha redirección: recupero nome polo que é coñecido e non o nome completo. Véxanse as políticas da Galipedia.
 
artigo traído da anterior páxina Carlos Varela
Liña 1:
#REDIRECCIÓN [[{{Outroshomónimos|Carlos Varela]] (hómonimos)}}
[[Ficheiro:Carlos varela veiga.jpg|miniatura|Carlos Varela.]]
'''Carlos Varela Veiga''', nado en [[Lugo]] o [[29 de outubro]] de [[1945]] e falecido en [[Malpica]] o [[20 de agosto]] de [[1980]], foi un [[cine]]asta galego.
 
==Traxectoria==
===Vida===
Nace no barrio Feixoo de Lugo. Estudou na Universidade Laboral de [[Xixón]], onde se titulou como mestre industrial. En [[1965]] obtivo o título de [[deliñante]] naval pola [[Universidade da Coruña]]. Logo dunha breve estadía en Barcelona, onde traballou como técnico publicista, instalouse en Lugo, traballando como profesor de debuxo sucesivamente no colexio dos Irmans Maristas, nas Josefinas e no [[Colexio Fingoi]] de [[Lugo]], onde comezou a traballar no ano 1975.
 
En [[1972]] inicia a súa militancia na [[UPG]], ao tempo que comeza a súa traxectoria como deseñador gráfico, cineasta e promotor do cine. Cofunda o cineclube Valle Inclán de Lugo, e logo, en [[1976]] cofunda a produtora cinematográfica Nós.
 
Faleceu en [[Malpica]], nun accidente provocado por unha [[bombona]] de butano.
 
===Traxectoria artística===
Dende comezos dos anos setenta traballou pola súa conta no [[deseño gráfico]], na [[cerámica]], co [[macramé]] e co [[liño]]. Tamén colaborou co pseudónimo Dourado en ''[[El Correo Gallego]]'' e en ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'' facendo crítica cinematográfica. Os seus documentais, non editados en vida, foron filmados cunha cámara de [[súper 8]], e centráronse na recollida dos movementos de protesta da época da [[transición española|transición]] en Galicia: as manifestacións universitarias de Compostela en setembro de 1976, a constitución do [[Consello de Forzas Políticas Galegas]], as protestas contra a expropiación das [[As Encrobas, Cerceda|Encrobas]], contra a instalación da [[central nuclear de Xove]], no areal de [[Baldaio]], ou contra a cota empresarial da Seguridade Social Agraria.
 
Colaborou na organización das Xornadas de Cine de Ourense e a partir de 1977 traballou de reporteiro gráfico para o refundado semanario ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', co pseudónimo "Brais".
 
==Homenaxes==
Na súa memoria, creouse en Santiago o [[Cineclube]] Carlos Varela Veiga, que se mantivo en activo entre [[1982]] e [[1987]]. En [[2007]] o director de cine [[Ramiro Ledo]] dirixiu o filme ''Cine Clube Carlos Varela'', onde se recollen parte das súas gravacións.
 
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=44674 Vieiros]
 
{{DEFAULTSORT:Varela, Carlos}}
[[Categoría:Directores de cine galegos]]
[[Categoría:Nados en Lugo]]
 
[[es:Carlos Varela Veiga]]