Criptófitas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 44:
As criptófitas teñen un ou dous [[cloroplasto]]s, excepto en ''Chilomonas'', que ten [[leucoplasto]]s e ''Goniomonas'' (antes chamada ''Cyathomonas'') que carece por completo de plastos. Os cloroplastos conteñen [[clorofila]]s ''a'' e ''c'', xunto con [[ficobiliproteína]]s e outros [[pigmento]]s, e varían en cor (castaño, vermello, verde-azulado). Cada cloroplasto está rodeado de catro membranas, e presentan no plasto un pequeno [[núcleo celular]] chamado [[nucleomorfo]], situado entre as dúas membranas medias. Isto indica que o plasto deriva dun [[endosimbiose|endosimbionte]] eucariótico, que, segundo os estudos xenéticos, puido ser unha [[rodophyta|alga vermela]]. <ref name="Douglas2002">Douglas S, Zauner S, Fraunholz M, Beaton M, Penny S, Deng LT, Wu XN, Reith M, Cavalier-Smith T, Maier UG (2002) The highly reduced genome of an enslaved algal nucleus. Nature 410: 1091-1096</ref>
 
Unhas poucas criptófitas ou criptomónadas, como ''[[Cryptomonas]]'', poden formar estadios [[palmela|palmeloidespalmeloide]]s, pero escapan rapidamente do mucus que as rodea para formar formas flaxeladas de vida libre de novo. Algunhas especies de ''[[Cryptomonas]]'' poden tamén orixinar formas inmóbiles con paredes celulares ríxidas ([[quiste]]s) que lles permiten sobrevivir en condicións desfavorables.
 
Os [[flaxelo]]s das criptófitas están inseridos paralelamente un ao outro, son lixeiramente distintos en tamaño, e están cubertos por uns pelos bipartitos ou bárbulas, chamadas [[mastigonema]]s, formados no [[retículo endoplasmático]] e transportados despois á superficie celular. As bárbulas flaxelares preséntanse en dúas filas no flaxelo máis longo e nunha no máis curto. Poden ter parede [[celulosa|celulósica]]. Tamén pode haber pequenas escamas sobre os flaxelos e o corpo celular.