Chatti: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''Chatti''' (tamén '''Catti''') eran un antigo [[pobos xermánicos|pobo xermánico]] situado no Hesse central e setentrional e na Baixa Saxonia meridional, ao longo do curso superior do [[río Weser]] e nos vales e montañas das rexións dos ríos [[río Eder|Eder]], [[río Fulda|Fulda]] e [[Río Werra|Werra]], un distrito aproximadamente correspondente a [[Hessen]]-[[Kassel|Cassel]], aínda que probablemente máis amplo. De acordo con [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] (''Historiae'' iv. 70 [http://classics.mit.edu/Tacitus/histories.4.iv.html]), entre eles estaban os [[Batavi]], ata que unha pelexa intestina os fixo separarse e ocupar novas terras no esteiro do [[Río Rin|Rin]].
 
Os Chatti resistiron con éxito a incorporación ao [[Imperio romano]], uníndose á coalición de tribos do líder guerreiro [[Cherusci|querusco]] [[Arminio]] que aniquilou as lexións de [[Varo]] na [[Batalla do bosque de Teutoburgo]] no ano [[9]]. [[Xermánico]] posteriormente, no [[15]], asolou as súas terras en vinganza, pero Roma respondeu á belixerante defensa da súa independencia dos Chatti coa construción das fortificacións fronteirizas do [[limes]] ao longo da fronteira sur dos seus territorios no Hesse central durante os primeiros anos do [[século I]]. Atopáronse restos dun refuxio moi ben fortificado nun outeiro preto da aldea de Metze (Latín: Mattium) no medio do territorio dos Chatti ao sur de [[Kassel]].
 
De acordo con [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] no seu libro [[Germania]] (capítulo 30), eran guerreiros disciplinados famosos pola súa infantería. Os seus veciños polo norte eran os [[Usipi]] e [[Tencteri]].
 
Os Chatti co tempo convertéronse nunha parte dos seus veciños os [[francos]] e foron incorporados no reinado de [[Clodoveo I]], probabelmente cos [[francos ripuarios|ripuarios]], ao principio do [[século VI]]. Aparecen mencionados no [[Beowulf]] (poema épico [[anglosaxóns|anglosaxón]]) co nome de ''Hetwaras''.
Liña 13:
== Chasuarii ==
 
Os '''Chasuarii''' eran unha tribo xermánica mencionada por [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] na ''[[Germania]]''. Segundo el, habitaban "alén dos [[Chamavi]] e [[Angrivarii]]", que vivían na ribeira baixa do [[Rin]]. Moitos, por iso, cren que esta tribo habitaba a rexión moderna de [[Hannóver]]. Algúns cren que o nome 'Chasuarii' significa 'Habitantes do río [[Hase]]', un afluente do [[Ems]]. [[Ptolomeo|Claudio Ptolomeo]], xeógrafo do [[século II]] di que os 'Kasouarioi' vivían ao leste dos montes '''Abnoba''', próximos a [[Hessen]]. Moitos historiadores son da opinión de que os '''Chasuarii''' eran os mesmos que o pobo dos '''Chattuarii''' mencionados por algúns autores.
 
[[Categoría:Pobos xermánicos]]