Quadi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''cuados''' (latín m. ''quadi'') foron un [[pobos xermánicos|pobo xermánico]] occidental, quizais de orixe xermano-céltica, coñecido esencialmente grazas ao historiador romano [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]].
 
Durante moito tempo confundíronse os [[suevos]] cos cuados, en razón dunha confusión co termo «suabo». En realidade, os cuados deben ser postos en relación cos seus máis próximos veciños xermánicos, os [[marcomanos]], cos que compartiron numerosos combates contra [[Roma]].
 
A orixe exacta dos cuados é descoñecida. Establecéronse moi cedo na actual [[Morava]]. [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] (''Germania'', XLII, 1), sitúaos así:
 
: «A carón dos [[hermunduros]], viven os [[naristos]] e, a continuación destes, os marcomanos e os cuados. A gloria e o poderío dos marcomanos constitúen a súa superioridade, así como os eu territorio, que adquiriron pola súa bravura ao expulsaren hai tempo aos [[boios]]. Os naristos e os cuados non se mostran indignos. Forman de certo xeito a fronte da Xermania de lado a lado sobre toda a ribeira do [[Danubio]].»