Lingua prusiana antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: dsb:Prušćina
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 35:
O prusiano antigo está estreitamente emparentado coas outras linguas bálticas extintas, o [[lingua galindiana|galindiano]] (falado antigamente no territorio do sur) e o [[lingua sudoviana|sudoviano]] (ao leste). A súa relación é máis afastada coas linguas bálticas orientais, aínda vivas, o [[lingua lituana|lituano]] e máis aínda co [[lingua letoa|letón]].
 
Os ''[[Aesti]]'', mencionados por [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] na súa ''Germania'', poderían ter sido un pobo falante de prusiano antigo. Segundo os describe Tácito, eran un pobo como os demais [[suevos]] (un grupo de pobos xermánicos) pero cun idioma máis "británico" ([[Linguas celtas|celta]]).
 
Durante a [[Reforma]] e despois dela, grupos de persoas de Polonia, Lituania, [[Francia]] e [[Austria]] atoparon refuxio en Prusia. Estes novos inmigrantes provocaron un lento declive no uso do antigo prusiano, xa que os [[prusianos]] comezaron a adoptar os idiomas dos recén chegados. O prusiano antigo probabelmente deixou de ser falado arredor do final do [[século XVII]] coa gran praga.