Londinium: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
 
Londinium seguiu desenvolvéndose como cidade ata o ano 60, en que tivo lugar un enfrontamento entre o exército romano e as tribos sublevadas coa raíña [[Boadicea]] á fronte. Tras o triunfo dos [[Roma antiga|romanos]], a raíña e os seus seguidores desaloxaron a cidade á vez que lle prendían lume. A continuación, a raíña suicidouse envelenándose. As escavacións revelaron a evidencia de lume, descubríndose unha capa de cinza vermella. Tamén foi descuberto o emprazamento militar. A cidade foi restaurada ao cabo dos 10 anos e estableceuse nela a sede do goberno imperial de [[Britania]]. Crese que por entón contaba cuns 15 000
habitantes. O historiador romano [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] (55-120) describiu a cidade encomiando a súa grandeza como centro comercial cun magnífico porto fluvial.
 
Cara ao ano 200 Londinium era xa unha das máis ricas e prósperas cidades do [[Imperio Romano]]. Nesa época estaba amurallada. As murallas romanas de Londinium rodeaban 153 hectáreas (como un círculo de 1400 m de diámetro). Consérvanse restos en [[Wall St]]. (a actual City), entre [[Wood St]] e [[Aldermanbury]]. As antigas portas de entrada á cidade conservaron o seu topónimo en sitios como [[Ludgate]], [[Dourgate]] e [[Beluisgate]].