Quintiliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
Volve a Roma no ano [[68]] tras o asasinato de Nerón, cando Galba é proclamado emperador, e desenvolve unha brillante e recoñecida carreira de vinte anos como avogado e profesor de retórica na Roma de [[Vespasiano]], [[Tito Flavio Sabino Vespasiano|Tito]] e [[Domiciano]]. Abriu unha escola pública de retórica que obtivo un gran éxito e que lle fixo gañar arredor de cen mil [[sestercio]]s ao ano. Foille encomendada a educación dos sobriños de [[Domiciano]] e os fillos da emperatriz Domitila.
 
A súa fama provén, porén, de ser o mellor profesor de [[retórica]] do mundo antigo xunto a [[Isócrates]]. Nesta materia acadou un prestixio tal que o nomearon profesor oficial da materia con retribución pública. Era amigo do científico [[Plinio o Vello]], o escritor romano [[Plinio o Mozo]] foi alumno seu e talvez mesmo o historiador [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]]. Tras consumir eses vinte anos como avogado e profesor, retirouse o ano 89 para dedicarse a escribir rodeado de honores (os ''ornamenta'', os ''consularia'' e a ''[[laticlavia]]'' <ref>[[toga]] cunha banda no seu bordo de cor púrpura que só podían vestir os nobres romanos</ref>). O fin da súa vida está sinalado cunha serie de dramas familiares: o mesmo ano do seu retiro, [[89]], perdeu á súa muller, que tiña 19 anos; no [[90]], ao seu fillo primoxénito, que contaba cinco; en [[95]], ao segundo, con dez.
 
Escribiu primeiro un [[diálogo]] que se perdeu en que expón a súa propia posición sobre a crecente corrupción da arte da elocuencia (''De causis corruptae eloquentiae'') e, pouco antes de falecer, divulgou a súa obra maior: ''De institutione oratoria''. Son espurias dúas coleccións de declamacións que se lle atribúen (''Maiores'' e ''Minores''). Morreu probabelmente pouco antes do asasinato do emperador Domiciano, no ano 95.