Diferenzas entre revisións de «Puerto Real»

m
sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|right| +|dereita| & -|left| +|esquerda|))
m
 
== Xeografía ==
O termo municipal limita cos de [[San Fernando, Cádiz|San Fernando]] ao suroeste (SO), [[Jerez de la Frontera]] ao norte (N), [[Chiclana de la Frontera]] ao sur (S), [[Medina Sidonia]] ao sueste (SL) e [[El Puerto de Santa María]] ao noroeste (NO).
 
Unha boa parte deste termo municipal forma parte do [[Parque Natural da Baía de Cádiz]] que se caracteriza polas súas marismas que se alagan periodicamente polas mareas e a abundancia de aves migratorias. Tamén dispón dunha cantidade importante de esteros que se utilizan como técnica artesanal de piscicultura; así mesmo, ten piñeirais dignos de mención, tales como Las Canteras, Algaida ou a Dehesa de las Yeguas, debido a iso Puerto Real adoita denominarse, o [[pulmón verde]] da Baía. O interior do termo municipal está percorrido por cañadas e carreiros que atravesan o municipio, entre eles destaca o corredor verde ''[[Dos Bahías]]'', que une as dúas baías da provincia de [[Cádiz]], a [[Baía de Cádiz]] e a [[Baía de Algeciras]].
19.713

edicións