Nicolas Malebranche: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 29:
A dificultade estriba na expresión ''dalgunha maneira''. Deus non se coñece directamente, senón de modo indirecto, tal como reflectido nun espello, nas cousas creadas. O home participa de Deus e, participando de Deus, participa das cousas. Non hai ningunha interacción directa entre as [[René Descartes|substancias cartesianas]]. A congruencia entre ambas é facilitada pola realidade divina. Non son eu quen percibe as cousas, senón que, en ocasión dun movemento da "[[René Descartes|''res extensa'']]", Deus provoca en min unha certa idea. E con ocasión dunha volición miña, Deus move o corpo extenso que é o meu brazo. A relación do espírito do home con Deus e coas cousas só nel, é a solución decisiva. Así, a visión en Deus de todas as cousas resulta a condición necesaria de todos os saberes e verdades.
 
En ''Da procura da verdade'' trata da supresión dos erros provocados pola forte interacción da alma co corpo. Para o filósofo, o erro é a causa da miseria dos homes. Así, afirmaba que era necesario denunciar os erros e súas causas a través dunha análise das [[percepción]]s da alma, que se realizarían por tres modos distintos: os [[Sentido (bioloxía)|sentido]]s, a [[imaxinación]] e o [[entendemento]]. Pregaba, por tanto, o exame dos erros debidos a cada unha desas formas de percepción. Mediante tal exame sería posíbel encontrar un criterio xeral para descubrir a [[verdade]].
 
A idea de Deus cobra un peso propio no seu sistema filosófico. Continuador de [[Descartes]], ás veces supérao en canto á ''radicalidade'' das súas teorías. Para Malebranche, corpo e alma son entidades —ou substancias— ''inconexas'' e ''independentes'', entre as que non existe comunicación directa de ningún tipo. Todos os movementos que se efectúan entre os corpos, e entre a alma e o corpo, máis alá dos movementos internos da alma, terían en Deus á súa causa eficiente.