Sistema de información xeográfica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
Os '''sistemas de información xeográfica''' ('''SIX''' ou '''GIS''' en inglés) son sistemas de [[telemática]] apoiados na [[teledetección]], é dicir, son [[Programa informático|programa]]s de [[ordenador]] que conteñen un conxunto de [[Imaxe|imaxes]], as cales ó superpoñerse permiten obter moitos datos sobre unha zona de estudo. Estas imaxes describen o tipo de [[cuberta vexetal]], a [[litoloxía]], a [[topografía]], etc. desa zona. Polo tanto, esta superposición de capas representará a superficie da [[Terra]]. Tamén nos pode ofrecer datos cualitativos non representables en [[mapa]]s.
 
Estes datos proceden de [[fotografía]]s obtidas dende un [[satélite]], [[avión]] ou de simples mapas, os cales son distribuídos dividindo o espazo nunha serie de celiñas determinadas polas súas [[coordenada]]s xeográficas, polo tanto, cada punto do [[territorio]] obterá toda a información dos datos anteriormente expostos.