Theravada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Mauna (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
arranxos
Liña 1:
[[Ficheiro:Phra Ajan Jerapunyo-Abbot of Watkungtaphao..jpg|miniatura|Monxe tailandés meditando.]]
 
O '''''Theravada''''' (en [[lingua pali|pali]] e [[lingua sánscrita|sánscrito]]: ''Sthaviravada''), é considerada a máis antiga de entre as escolas de [[budismo]] actualmente existentes. A escola ''Theravada'' é tamén a única que non considera canónicas as escrituras adoptadas polas escolas ''[[Mahayana]]'' e ''[[Vaxrayana]]''. É unha das dezaoito (ou vinte) escolas ''Nikāya'', que se formaron na [[India]] no século seguinte á morte de [[Siddhartha Gautama|Buda]]. Máis concretamente provén do grupo ''Vibhajjavāda'' que surdíuxurdiu da antiga sectaseita ''Sthavira'' no tempo do terceiro concilio budista ([[250]] a. C.). Esta vertente do budismo perdeu adeptos na súa terra natal, a India, pero pervivíuperviviu coma tradición viva nas zonas do [[sueste asiático]].
 
Algunhas veces é indebidamente chamada ''[[Hinayana]]'', que etimoloxicamente é un termo pexorativo (significa algo como ''o vehículo cativo'') en contraposición ao ''[[Mahayana]]'' (o gran vehículo).
Liña 9:
A escola ''Theravada'' basea a súa doutrina exclusivamente no [[Canon Pali]] e os seus comentarios; cabe destacar entre estes últimos o [[Visuddhimagga]] ([[430]] d. C.), do erudito [[Buddhaghosa]]. Logo de ser transmitidas oralmente durante séculos, as escrituras do Canon Pali foron escritas finalmente no século I antes de [[Cristo]], en [[Sri Lanka]], no que a propia tradición ''Theravada'' recoñece coma o cuarto concilio. A colección de textos ''Sutta'' e ''Vinaya'' do Canon Pali están xeralmente consideradas polos estudos contemporáneos coma as primeiras formas de literatura budista, e son consideradas xenuínas por todas as vertentes do budismo<ref>"Buddhism." Encyclopædia Britannica. Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica, 2008</ref>.
 
O ''Theravada'' (Palipali: ''thera'' "anciáns" + ''vada'' "palabra, doutrina" ), ten sido moitos séculos a relixión predominante no Sri Lanka, Birmania, Camboxa e Tailandia; actualmente o número de Budistas Theravada en todo o mundo excede os 100 millóns de persoas. En décadas recentes comezou a fincar as súas raíces no Occidente.
 
Na doutrina ''Theravada'' as persoas poden acordar do "soño da ignorancia" realizando, de xeito directo, a verdadeira natureza do seu ser; as persoas que acadan este estado son coñecidas coma ''arahants'' e, en ocasións, coma budas. Logo de varias vidas de busca espiritual chegan ao final do ciclo dos renacementos, e non se volven reencarnar coma humano, animal, pantasma, ou outra forma de vida. Os comentarios do Canon Pali clasifican estes "seres espertos" en tres categorías: