Ubre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
==Estrutura==
A glándula está constituída por unha árbore de alvéolos, de 100-300 micras de diámetro cada un. Cada alvéolo é un conxunto saciforme de [[célula]]s epiteliais que rodean unha cavidade central ou ''lumen'', e todo rodeado de células mioepiteliais dotadas de capacidade contráctil. Agrúpanse en conxuntos de 150 a 220 unidades, a modo de acios <ref>Reciben o nome técnico de ''acini''[[acino]]s.</ref> rodeados dunha cápsula de [[tecido conectivo]], e estes en agrupacións maiores chamadas lóbulos.
 
Os alvéolos verten nos condutos galactóforos, en número de 5 a 20 na vaca, en cada cuarteirón. Estes condutos van confluír no seo galactóforo ou cisterna do leite, na parte inferior do ubre e na base de cada [[teto]]. Nesta cisterna almacénase o leite, polo que dispón dunhas paredes moi elásticas.